Novo Logo para Onda Candeira

O pasado mes de decembro convocouse o Concurso do Logo da Radio do noso IES, Onda Candeira, no que podía participar o alumnado enviando propostas creativas co obxectivo de representar a nosa nova emisora cun novo Logo. Tras máis dun mes de prazo de entrega, e despois de recibir máis de 50 propostas, esta pasada semana o xurado levou ao cabo o arduo traballo da elección das tres mellores; entre as que está o novo logo de Onda Candeira

Unha vez recontadas as votacións do xurado, as propostas premiadas no Concurso do Logo da Radio foron:

1º premio e Logo definitivo: Andrés Iglesias Domeque (2º BACH A)

2º premio: Olaia Pérez Davila (2º BACH A)

3º premio: Eva Bobillo (2º BACH B)

 

Moitísimos parabéns ás propostas gañadoras!!