Canto de Panxoliña no Centro de Día Anduriña (1º ESO A)

Panxoliña no Anduriña (20/12/23)

 

Na mañá de hoxe, 20 de decembro, o alumnado de Lingua Galega do curso de 1º ESO A fixo unha exitosa saída ata o Centro de Día Anduriña-Cíes, para realizar unha actuación coral na que interpretaron unha panxoliña titulada "Canto de Nadal de Luíntra", coa que divertiron e encandilaron o público presente na sala de estar do centro. Así pois, a panxoliña foi preparada durante a última semana desta 1ª avaliación nas aulas de LG, e na súa interpretación durante a actuación de hoxe participou parte do grupo cantando e outra parte tocando a pandeireta, acompañados á súa vez á zanfona polo mesmísimo Apalpador, chegado de terras do Courel alto...

En adxuntos podedes gozar co vídeo da actuación.

AdxuntoTamaño
Paxoliña no Anduriña 20.12.23.mp458.25 MB