Club de Regueifa no IES Politécnico

 

 

 Esta semana celebráronse os Obradoiros de Regueifa para os grupos de 3ºESO (A+B+PDC), que foron impartidos pola Asociación ORAL de Galicia; e dos que, tras unha implicación notable do alumnado participante, saíron clasificadas dez persoas para o IV Certame Escolar Provincial de Regueifas, que se celebrará o vindeiro 24 de novembro no Auditorio do Centro Cultural de Valadares. Para ir practicando para esta xornada e co ánimo de crear unha nova actividade dinamizadora na que o alumnado poña en práctica a lingua galega, decidiuse comezar cun novo CLUB de REGUEIFA no IES Politécnico, que estará coordinado polo docente de Lingua Galega Kike Estévez, e que terá lugar os luns de 4.15h a 4.45h e os venres de 11.30h a 12.00h. As xuntanzas serán, en principio, no Salón de Actos, e a participación nas mesmas está aberta a toda a comunidade educativa