Charla do escritor Francisco Castro (1º ESO A)

 

Na xornada de hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor, editor e músico vigués Francisco Castro, que se achegou ata o noso centro para falar do seu libro "Chamádeme Simbad"; lectura que está levando a cabo o alumnado de 1º ESO A. 

Durante a charla puideron coñecer as razóns que levaron o autor a escribir este libro, así como a súa relación coa enfermidade que padeceu a súa nai durante uns anos.

Tamén nos explicou moitos detalles sobre o libro e o seu significado, que foron moi interesantes e esclarecedores; como a relación do libro coa historia de Simbad o mariño ou coas lendas de piratas.

Ademais, tamén nos revelou moitas das súas afeccións, gustos e próximos proxectos grazas ás preguntas realizadas por moitas das integrantes e dos integrantes do grupo.

Grazas por vir Fran! Sorte a nosa!