EDLG

Club de debate

"...catro, tres, dous... comeza a conta atrás e no IES do Milladoiro andamos a traballar arreo preparando o gran debate do venres en Bertamiráns! Este vídeo dá boa conta do esforzo dos últimos días! Sexa cal sexa o resultado, o noso equipo xa demostrou ser de campións!"
 
 

Febreiro, mes do amor

No IES do Milladoiro amamos o galego

IV EDICIÓN DO CLUB DE DEBATE

O IES do Milladoiro participa xunto con outros estudantes de Galicia na IV EDICIÓN DO CLUB DE DEBATE. Nesta actividade preténdese fomentar o uso do galego e o pensamento crítico.

Logo da xornada de formación do pasado venres, o noso equipo demostrará o moito que vale no primeiro debate do 27 de febreiro. Esta actividade está coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua do centro.

Conferencia: As vantaxes lingüísticas de sermos galeg@s

     


Onte, no noso IES

AS VANTAXES LINGÜÍSTICAS DE SERMOS GALEG@S.

Conferencia de VALENTIM R. FAGIM e JOSÉ RAMOM PICHEL

 

Valentim R. Fagim (profesor de portugués na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol) e José Ramom Pichel (enxeñeiro informático e empresario de Imaxin Software) son autores dun libro moi interesante titulado O galego é unha oportunidade”, no que falan da enorme vantaxe que temos os galegos e galegas polo feito de podermos usar dúas linguas que teñen unha gran proxección internacional.

 

Os conferenciantes, dun xeito moi ameno, demostráronlle ao alumnado de segundo de bacharelato que o galego é unha lingua moi útil que nos permite comunicarnos con 250 millóns de persoas en todo o mundo (Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bisáu, Guinea Ecuatorial, Timor Leste, San Tomé e Príncipe, Macao…); que ten unha enorme potencialidade que non está sendo aproveitada e que nos ofrece unha clara vantaxe nun mercado laboral cada vez máis globalizado.

 

PREMIOS DO IV CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES "DESATA A LINGUA"

PREMIOS DO IV CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES "DESATA A LINGUA"

 

     

O ALUMNADO DO NOSO IES RESULTOU GAÑADOR DE DOUS DOS TRES PREMIOS DA IV EDICIÓN DO CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO  DO CONCELLO DE AMES: 

O premio ao mellor guión orixinal recibírono tres alumnos de 4º de ESO, e o premio á mellor interpretación recaeu en dúas alumnas de 2º de Bacharelato.

O PREMIO AO MELLOR GUIÓN ORIXINAL foi outorgado ao monólogo titulado: A regularidade, con guión de Jorge Expósito Patiño e Daniel Expósito Patiño e interpretado por Daniel Iglesias Duro.

O PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN  foi para o monólogo: Cousas da vida, con guión de Camila Caffarelli Popowicz e Rosalía Cid Tarrío, interpretado por Rosalía Cid Tarrío.

Samaín. Historias de medo

 

O xoves, 30 de outubro, celebramos o Samaín no noso IES. O alumnado de primeiro de ESO participou coa lectura dramatizada de historias de medo. Historias, a maior parte delas, que formaban parte da vida cotiá do noso mundo rural e que permitían, entre outras cousas, mitigar a angustia ante a norte, transmitir normas básicas para a convivencia e reforzar as relación sociais.

Pola nosa biblioteca pulularon, á última hora da mañá, a Morte branca e a Morte negra, ánimas en pena que deixaran neste mundo algún asunto sen resolver, mortos aos que lles había que rachar o hábito, caveiras e esqueletos falantes, santas compañas e lobishomes.

Distribuir contido