25 de abril sempre

 

Este ano 2024 celebrouse o 50 aniversario da Revolução dos Cravos, que se produciu o 25 de abril de 1974. Para comemoralo tivemos, xa desde primeiros de abril, unha exposición, que nos cedeu a Asociación José Afonso, na que se ven cartaces de diferentes comemoracións desta efeméride.

A rapazada tamén fixo caraveis de papel e mais deseñou os seus propios cartaces co que construímos un decorado para a actuación do Coro das emocións que, xunto co alumnado de portugués, e todas as persoas voluntarias que quixeron achegarse, cantamos a canción "Grándola, vila morena", interpretada por primeira vez en Compostela, antes de que soase na radio portuguesa como sinal da revolución.