COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO. 01/04/2022

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.

3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19)

5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas

                                                                                                                  

1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. 

VER LIGAZÓN