CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO IES DO MILLADOIRO. ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

 

O martes, 2 de novembro, as 16:30 h, procederase a constitución, no noso centro, da Xunta Electoral , encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar do IES do Milladoiro, que se realizará no mes de novembro de 2021. Esta mesa estará integrada polas seguintes persoas:

 

  • Carlota Vicente Lorenzo (alumnado)

 

  • María Beatriz Costa García (nais/pais)

 

  • María Elena Docanto Laviña (profesorado)

 

  • Victoria Ferreiro Ferreiro (persoal de administración e servizos)

 

  • Francisco José Otero Iglesias (director)

 

 

As competencias da Xunta Electoral son as seguintes:

 

  • Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán reflexar, en todo caso, nome apelidos dos electores. 

 

  • Concreta-lo calendario electoral, de acordo co establecido no artigo 29° do presente Regulamento. 

 

  • Ordena-lo proceso electoral. 

 

  • Admitir e proclamar candidaturas. 

 

  • Promove-la constitución das distintas mesas electorais. 

 

  • Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais. 

 

  • Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.