11 F_ Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O IES do Milladoiro participa na iniciativa 11 de febreiro, que busca conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia poñendo a disposición dos centros educativos diversos recursos didácticos. Dentro deste programa,  o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer a científica Nieves Vidal, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC de Santiago de Compostela e puideron escoitar a súa charla  Hai futuro para o noso bosque?

Ademais, o alumnado de Física e Química de 2º e 3º ESO realizou uns traballos de investigación sobre mulleres científicas que logo expuxeron en forma de murais.