Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

3º Congreso galego de seguridade e educación viaria

3º Congreso galego de seguridade e educación viaria3º Congreso galego de seguridade e educación viaria

22/05/2022

O pasado 20 de maio, o noso alumnado de 4º de ESO visitou o 3º Congreso galego de seguridade e educación viaria que se estaba celebrando no Pazo da Cultura de Narón. Deixamos aquí algunha imaxe de recordo.

3º Congreso galego de seguridade e educación viariaPreme para ampliar a foto

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano

Diccionario calóPreme para ver un pequeno dicionario caló-castellano

08/04/2022

O 8 de abril de 1971 celebrouse en Londres o Primeiro Congreso Internacional do Pobo Xitano. Esa data é a escollida para homenaxear a este grupo de orixe oriental, caracterizado polo seu carácter nómade.

Nos últimos días, o alumnado de 1º ESO estivo a traballar un mostrario do léxico caló, traducindo eses termos a diferentes idiomas.

Y esta mañá, na clase de 1ºC, a alumna Fátima Monteiro Romero realizou unha interesante exposición adicada a esta conmemoración. Nela tratou diferentes aspectos: a orixe do pobo xitano, as súas tradicións máis emblemáticas, o significado da súa bandeira, os trazos do seu folclore, e o uso do caló. Acompañou a súa explicación de varios vídeos, entre eles, unha interpretación do himno Gelem, Gelem.

Tras a exposición, respondeu ás preguntas dos seus compañeiros e rematou a súa intervención amosando o seu arte como bailaora e ensinándolles os pasos básicos da súa danza.

Fátima Monteiro Romero

Entroido 2022 remix

06/04/2022

Publicamos un remix do vídeo do noso Entroido 2022, porque as imaxes de O Feal Road pedían música dos Beatles con voces femininas.

Nota para @s máis melóman@s: vale, Help non está no Abbey Road.

Música para a paz

08/03/2022

Os nosos profes de Primaria Manuel e Norberto, tiñan pensado presentar uns vídeos feitos co alumnado de Infantil e Primaria o pasado Día da Paz. Debido a problemas de saúde nalgunhas aulas, houbo que retrasar o proxecto, pero desgrazadamente, nestes momentos hai máis motivos para publicalo.

Imaxes do noso Entroido 2022

O Feal RoadPreme para ver máis fotos

05/03/2022

Deixamos algunhas fotos do pasado 25 de febreiro no álbum Entroido 2022 da nosa Galería.

Aclaramos que non hai ninguna imaxe tomada co dron que moita xente vería durante esa mañá, porque ese material está reservado para outro traballo que será publicado máis adiante para celebrar o noso 50 aniversario. Deste proxecto está encargándose a produtora de As Pontes R3visual, e ten previstos máis días de gravación.

O que si aparece nesta reportaxe, é unha imaxe verdadeiramente icónica na historia do noso centro: O Feal Road, con Montse Lennon, Mari Carmen Starr, Paula McCartney e Sandra Harrison.

Nova xornada de Educación Vial

Educación Vial 2021Preme para ampliar a foto

09/12/2021

Hoxe, xoves 9 de decembro, o alumnado de 5º de E. Primaria, participou nun circuito de habilidade en bicicleta, organizado polo Equipo de Educación Vial do Concello de Narón.

Educación Vial 2021Preme para ampliar a foto

25N - 2021 no Feal

07/12/2021

O noso compañeiro Norberto (profe de Inglés) montou recentemente este vídeo con motivo do 25N, no que participou toda a nosa Educación Infantil e Primaria. Grazas a toda a xente participante!

Semana de xogos populares

Xogos populares 2021Preme para ver máis fotos

11/11/2021

Cando chega o tempo do Magosto, no Feal aproveitamos para recuperar vellos xogos sen pantallas nin electricidade. Esta semana, é moi fácil que vexades aos máis pequenos do noso centro en acción, pola pista máis cercana ao aparcadoiro. Alí, comprobaredes que non botan nada de menos a alta tecnoloxía para xogar.

Deixamos algunha imaxe no álbum Xogos populares 2021 da nosa Galería.

Mostra de teatro

Pazo de Narón

09/11/2021

Esta mañá, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu ao Pazo da Cultura de Narón para ver a adaptación teatral da novela Me llamo Suleimán, escrita por Antonio Lozano.

Este espectáculo forma parte da Mostra de teatro promovida, dende hai anos, polo concello e dirixida aos escolares, que deste modo teñen a oportunidade de vivir esta experiencia cultural.

Neste caso puidemos emocionarnos cun drama que trata o tema da migración clandestina entre África e España. Marabillosa posta en escena, que nos levou de viaxe con Suleimán, para facernos reflexionar sobre a crueldade e inxustiza que sofren tantos seres humanos polo feito de nacer nun lugar menos privilexiado co noso, e por ter unha cor de pel diferente.

4º de ESO B - 2021Preme para ampliar a foto

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido