Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Entroido 2020

01/03/2020

Ademais deste breve resumo en forma de vídeo do noso Entroido 2020, tamén é posible ver as fotos no álbum Entroido 2020 da nosa Galería.

Aproveitamos para informar de que trala actualización do software da nosa Galería de imaxes (feita pola Consellería a comezos de 2020), xa estamos subindo as fotos sen reducir o tamaño (aínda que para acceder ao arquivo orixinal é necesario pasar previamente pola miniatura e por outra imaxe intermedia).

E grazas especiais á Policía Local de Narón, pola súa colaboración audiovisual!!

Conto polo Día da Paz para Infantil e 1º de Primaria

Mi lado de la bufanda

"Mi lado de la bufanda" escrito e ilustrado por Carmen Parets:
unha emotiva metáfora sobre o valor da amizade verdadeira

05/02/2020

O pasado xoves 30 de xaneiro, conmemorouse no noso centro o Día da Paz e a Non Violencia. O alumnado de Educación Infantil e de 1º de Primaria asistiu á súa Biblioteca para escoitar o conto "Mi lado de la bufanda", interpretado por dúas das nosas mestras: Vanesa e Thais.

Mi lado de la bufanda 2020

Mi lado de la bufanda 2020

Photocall de Nadal

6º CPreme para ver máis fotos

21/12/2019

O pasado xoves, boa parte do noso alumnado pasou polo Photocall de Nadal que tiñamos na entrada. Deixamos aquí algunha das imaxes que recolleu a nube de móbiles.

Saída de 3º de ESO a Goente e A Capela

Goente

27/12/2019

O pasado 19 de decembro, o alumnado de 3º de ESO visitou a Casa do Mel de Goente e o Museo Etnográfico de A Capela.

A Capela

Poñendo nome aos nosos corredores

Rúa dos poliñosPreme para ver máis fotos

15/12/2019

O pasado 4 de decembro, no Feal tivemos unha xornada electoral para poñerlle nome aos corredores de Infantil e Primaria. Durante o mes de novembro, os nenos e nenas de Infantil e Primaria do Feal escolleran unha palabra ou expresión en galego que lles gustaría para representar ao seu corredor. Cada aula decorou a súa porta coa proposta elixida, e o alumnado involucrouse nunha auténtica campaña electoral.

O día 4 de decembro constituíronse mesas electorais, e todos os nenos e nenas tiveron a oportunidade de exercer o voto por aquela proposta que máis lles gustase.

Os nomes gañadores son:

  • Corredor de Educación Infantil: Rúa dos Poliños (proposta dos nenos e nenas de 3 anos).
  • Corredor de 1º e 2º de Primaria: Rúa dos Parrulos (proposta dos nenos e nenas de 1º A).
  • Corredor de 3º, 4º e 6º D de Primaria: Rúa das Meigas (proposta dos nenos e nenas de 6º D).
  • Corredor de 5º e 6º de Primaria: Rúa da Imaxinación (proposta dos nenos e nenas de 6º B).

No mes de xaneiro, terá lugar a inauguración das placas conmemorativas desta interesante xornada electoral no CPI do Feal.

Corredores 2019

Manifestación contra a violencia de xénero

27/11/2019

Achegamos un pequeno vídeo sobre a manifestación do noso centro en contra da violencia de xénero, que tivo lugar o pasado 25 de novembro.

Ademais, podedes ver algunhas fotos desta actividade no álbum 25N 2019 da nosa Galería.

Paraugas 25N

1º de Primaria en Aldea Nova

Aldea Nova - 1º de Primaria 2019Fai clic para ver máis fotos

19/11/2019

O pasado venres 15 de novembro, os nenos/as de 1º de Primaria visitaron Aldeanova. Ao chegar, fixeron unha visita guiada pola Casa do Museo, e realizaron moitas actividades: No Taller de Lá aprenderon a escarpizar, cardar e fiar a lá; no Taller de Reciclaxe elaboraron papel reciclado; e no Taller de Astronomía visitaron un planetario hinchable onde observaron as constelacións e os planetas.

Magosto 2019

Magosto 2019Fai clic para ver máis fotos

17/11/2019

Este ano, a meteoroloxía non xogou a favor do noso Magosto: nin o día de Infantil e Primaria, nin o de Secundaria. Así que quedamos no patio cuberto, sen máis actividades que comer castañas e beber leite.

Visita a Exponav de 1º de Primaria

Exponav 2019

15/11/2019

O pasado venres 8 de novembro, o alumnado de 1º Primaria visitou a exposición do Museo Naval de Ferrol (Exponav), onde @s nen@s ampliaron os seus coñecementos sobre os contidos do proxecto A volta o mundo. Aprenderon como era a vida nos navíos daquela época, viron unha maqueta do barco Sebastián Elcano, e puxeron en funcionamento unha hélice... Pasámolo en grande!

Nota: Podedes ver algunha imaxe máis no álbum Ferrol 2019 da nosa Galería.

Exponav 2019

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido