Poñendo nome aos nosos corredores
15/12/2019
O pasado 4 de decembro, no Feal tivemos unha xornada electoral para poñerlle nome aos corredores de Infantil e Primaria. Durante o mes de novembro, os nenos e nenas de Infantil e Primaria do Feal escolleran unha palabra ou expresión en galego que lles gustaría para representar ao seu corredor. Cada aula decorou a súa porta coa proposta elixida, e o alumnado involucrouse nunha auténtica campaña electoral.
O día 4 de decembro constituíronse mesas electorais, e todos os nenos e nenas tiveron a oportunidade de exercer o voto por aquela proposta que máis lles gustase.
Os nomes gañadores son:
- Corredor de Educación Infantil: Rúa dos Poliños (proposta dos nenos e nenas de 3 anos).
- Corredor de 1º e 2º de Primaria: Rúa dos Parrulos (proposta dos nenos e nenas de 1º A).
- Corredor de 3º, 4º e 6º D de Primaria: Rúa das Meigas (proposta dos nenos e nenas de 6º D).
- Corredor de 5º e 6º de Primaria: Rúa da Imaxinación (proposta dos nenos e nenas de 6º B).
No mes de xaneiro, terá lugar a inauguración das placas conmemorativas desta interesante xornada electoral no CPI do Feal.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com