Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Primeira olimpíada viaria en Narón

Olimpíada Viaria 2018

13/05/2018

O pasado xoves 10 de maio, o alumnado de 5º e 6º de Primaria do Feal participou, xunto co resto de colexios de Narón, nas primeras olimpíadas de Educación Viaria do noso concello.

O grupo representante de 6º de Primaria acadou o segundo posto, mentres que o de 5º, a pesar da súa gran intervención, quedou sen premio. Parabéns para tod@s @s participantes!

O día seguinte houbo outra actividade escolar relacionada con este ámbito: unha nova marcha ciclista (a pesar do mal tempo), pero neste caso non dispoñemos de imaxes.

Olimpíada Viaria 2018

Saída a Ferrol de 4º de ESO

JOfre - 4/5/2018Fai clic para ver máis fotos

09/05/2018

O pasado venres día 4 de maio, o alumnado de 4º de ESO foi de visita a Ferrol nunha saída organizada polos departamentos de Inglés e Galego.

A primeira parada foi o teatro Jofre, onde recibiron información da historia do teatro, e puideron subir ao escenario e ver o que hai detrás do telón.

Despois percorreron rúas, vendo edificios e prazas importantes da historia da cidade.

Como última parte da actividade, visitaron a Escola Oficial de Idiomas. Alí participaron en obradoiros de linguas estranxeiras e ata aprenderon un pouquiño de Alemán, Portugués e Italiano.

Ferrol - 4/5/2018

EOI - 4/5/2018

A festa dos maios en Infantil

Maios 2018

03/05/2018

A pasada semana, o noso alumnado de Infantil celebrou a tradicional festa dos maios, nunha actividade organizada polo Concello de Narón. Os nenos e nenas trouxeron flores, froitas, fiunchos, pólas... Podedes ver máis fotos no blog da mestra Sandra Míguez.

Olimpíadas Escolares de Seguridade Vial

Olimpíada Vial 2018

17/04/2018

O pasado mércores 11 de abril, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria participaron nas primeiras olimpíadas pola seguridade vial de Narón. Tras rematar no segundo trimestre a formación sobre o Patrimonio de Narón, Medio Ambiente e Educación Vial, realizaron a primeira das tres fases desta olimpíada: un cuestionario por equipos.

O equipo vencedor de 5º está formado por Andrea Dopico, Ainhoa Campos, Ainhoa Castro, Heitor Da Silva, Rubén Boado e Yeray Gabarris; e o de 6º por Paula, Ainara, David, Borja e Keko. Estes equipos representarán ao CPI do Feal na gran final das olimpíadas, que terá lugar o vindeiro mes de maio no Pazo da Cultura. Deberán realizar outro cuestionario, pero esta vez os seus contrincantes serán os vencedores doutros centros do concello.

Entrementres, cada clase de 5º e 6º está a traballar nun mural no que se reflicta algunha idea para mellorar a seguridade vial de Narón.

O Feal busical

11/03/2018

O regreso da nosa recente expedición a Andorra foi moi longo. E nas excursións en bus hai un xeito de entretemento moi clásico. Estefanía Silva Beceiro gravou en acción a algunhas das nosas mellores karaokistas o pasado 2 de marzo. Atención á sorpresa final.

Premiadas no concurso de máscaras do noso Entroido 2018

Máscaras 2018

Fai clic para ampliar a foto

  • 1° premio: Iria Cao Casdelo (5° A)
  • 2° premio: Tania López Pazos (3° B)
  • 3° premio: Yaiza Caamaño Canosa (6° A)

Máscaras 2018

Fai clic para ampliar a foto

Fotos do Entroido 2018

Yago e IkerFai clic para ver máis fotos

15/02/2018

No álbum Entroido 2018 da nosa Galería, hai xa bastantes fotos da nosa última festa. Na súa inmensa maioría son de María Varela (e algunhas de Sandra Míguez e Ángel Carrera).

Xa conseguimos fotos da Meca ardendo, desde diferentes ángulos: grazas a Sara Caro e a Cosme Souto.

Meca 2018 ardendoFai clic para ampliar a foto

Testamento da nosa Meca 2018

Meca 2018 e 2º AFai clic para ampliar a foto

08/02/2018

Este ano foi 2º A da ESO o grupo encargado de deixar toda estupenda á nosa Meca. Na foto aparecen Sara, Irene, Claudia e Kevin, pero houbo máis xente de 2º A colaborando dalgún xeito. Moitas grazas polo gran traballo!!

No Feal sempre foran Mecos ata agora, pero estando o noso actual calendario dedicado ás mulleres bravas galegas, pensamos que tamén necesitabamos unha Meca brava.

E xa podedes ler tamén o testamento que deixa a condenada coa inestimable axuda de Raquel Paz.

Mandados da nosa Meca 2018

03/02/2018

  1. O luns durmiñón, trae a bata e o pixama que pon!!! (vir con roupa de durmir).
  2. O martes trapalleiro, trae trapos e dalles xeito!!! (vir cunha mestura de prendas e accesorios que haxa pola casa).
  3. O mércores revello, trae todo aquilo que atopes no pendello!! (vir vestid@s de velliñ@s).
  4. O xoves trocadeiro, cambia o xénero: os nenos de nenas e as nenas de nenos!!
  5. O venres a Meca xa está preparada, disfrázate ao teu agrado!!! (vir co disfrace que teña cada un/ha na súa casa).

Nota: Lembramos que estes mandados son indicacións para o disfrace. Non hai que vir totalmente disfrazad@s, senón caracterizad@s. Por exemplo: no caso dos velliñ@s, pelo branco, boina ou pano na cabeza e bastón... xa serían dabondo.

Día da Paz 2018

Día da Paz 2018Fai clic para ver máis fotos

30/01/2018

Achegamos algunhas fotos do Día da Paz celebrado hoxe polo noso alumnado de Infantil e Primaria. Ademais de cantar "Yo contigo, tú conmigo" (de Morat con Álvaro Soler), os nenos e nenas desfixeron un muro de palabras negativas para deixar ver as positivas. O que algúns botaron de menos este ano foron as pombas, pero así tampouco pasaron ese tempo atrapadas en caixas.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido