Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Vigo 2008

Vigo 2008

Na Galería, xa temos unha boa cantidade de fotos da excursión de 4º de ESO a Vigo do pasado 05/11/2008. Temos que agradecer as imaxes cedidas polo alumnado para completar a reportaxe (Rebeca López arriscando o seu móbil dentro de Citroën, Diego Villanueva moi atento á colisión do bus, e Adrián Teijeiro máis pendente do Museo do Mar e O Castro). Aclaramos que as imaxes da Galería case sempre poden ser ampliadas dúas veces facendo clic nelas.

Certo alumno dixo que esta foi a mellor excursión (dun día) na que participou dende que está no Feal, pero seguro que hai opinións para tódolos gustos. Esperamos que durante estes días o alumnado deixe os seus comentarios máis abaixo, como xa ven sendo habitual.

Seguimos mantendo que aos vigueses dáselles moito mellor facer coches que conducilos, pero non por iso deixaremos de volver a Vigo en canto poidamos.

PSA-Peugot-Citroën

 PSA-Peugot-Citroën

(foto clandestina de Rebeca López)

 

Museo do Mar

Museo do Mar

 

O Castro

O Castro

 

Praza de América


Colisión na Praza de América

Praza de América

Estas dúas imaxes exclusivas do accidente foron cedidas por Diego Villanueva.

Festival Fin de Curso 2008

Festival de Primaria 2008

26/06/2008

Facendo clic na imaxe, podedes ver tódalas imaxes que temos do Festival de Fin de Curso de Infantil e Primaria na Galería.

Costa lucense 2008

Praia das Catedrais

08/06/2008

Un grupo de alumnos de 1º de ESO acompañados de Amalia, Dolores e Jaime, visitaron varios puntos de interese na costa lucense. De momento, só podemos amosar esta imaxe da praia das Catedrais, pero esperamos atopar máis para engadir á Galería.

Manzaneda 2008

Manzaneda 2008

08/06/2008

O alumnado de 6º de Primaria acompañado das mestras Eva Bouza e Loli Abelleira, pasou uns días en Cabeza de Manzaneda celebrando o remate da etapa. Na Galería hai unha morea de fotos que demostran que non é necesario ir á costa mediterránea para pasalo bomba. Aquí debaixo queda un pequeno resumo.

       
Rocódromo
   
Discoteca
A xefa de estudos de Primaria
xogándose a vida no rocódromo
    Ghastando pista
       
Arco
   
Circuito
Practicando o tiro ao profe     A todo filispín
       
Cabalos
   
Telecadeira
Cowgirls     Na telecadeira
       

Londres 2008

Londres 2008

04/04/2008

Tedes a viaxe de 1º de ESO a Londres concentrada nun minuto de vídeo facendo clic na foto (é o primeiro vídeo de produción propia que se publica na web do Feal!). Ademais, xa hai bastantes fotos na Galería.

París 2008

Torre Eiffel

24/03/2008

Vendo as caras da expedición do Feal a París, non parece que a choiva fora moito problema (maioría feminina aplastante!). Podedes ver máis fotos na Galería e ler un artigo de Montse no apartado de Francés.

Vive en defensa do monte galego

Vilanova 2008

31/01/2008

Os alumnos de 3º de ESO e as intrépidas profesoras que pasaron a última semana de xaneiro polos montes de Vilanova de Arousa volveron sans e salvos. Tedes sesenta fotos na Galería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido