Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Crónica do terceiro día en Londres

London Eye 2013

Fai clic para ver máis fotos

Alba Alonso, 18/04/2013

Aproveitamos o día ata o final. Comezamos visitando Westminster, que nos abraiou a todos. Seguimos a visita cunha audioguía en español e algúns atrevéronse cun mapa en inglés! Logo achegámonos ao Big Ben e Houses of Parliament, o famoso reloxo sorprendeunos a todos polo seu enorme tamaño; desde alí vimos tamén o London Eye ao que despois subiriamos. Dirixímonos cara a Camden Town, un peculiar mercado cheo de tendas do máis pintoresco: góticas, vintage, segunda man, anos 50... Alí comemos nun dos múltiples postos de comida, os alumnos escolleron unha hamburguesería paquistaní entre comida india, chinesa, brasileira, mexicana, etc. A continuación, fomos ata Buckingham Palace atravesando o fermoso Green Park. Paramos no hotel a coller forzas e logo subimos ao London Eye que nos deixou a todos impresionados. Despois tocounos pasear un bo tempo ata Tower Bridge onde puidemos ver como se abría a ponte para o paso dun barco; algo moi inusual. Tras camiñar un pouco máis, dirixímonos esgotados ao hotel.

Crónica do segundo día en Londres

Londres 2013

Fai clic para ver máis fotos

17/04/2013

Temos unha nova crónica de Alba Alonso con novas imaxes.

"Ola!! Hoxe vimos un montón de cousas. Comezamos cunha visita ao Museo Británico onde puidemos ver grandes obras de arte: antiga Grecia, Exipto, arte asiática... Logo puxémonos a andar e percorremos Oxford Street, unha rúa enorme con grandes tendas entre as que se atopan uns famosos almacéns de luxo chamados Selfridges. Alí maquillaron gratis a Ainhoa e a Belén. Podedes comprobar o guapas que quedaron!! Logo seguimos por Regent Street. Alí tamén se atopan grandes marcas incluída a prestixiosa Ferrari!! Baixamos cara a Picadilly para acabar en Trafalgar Square onde descansamos custodiados polos leóns. Finalmente pasamos por Leicester Square, chea de teatros e cinemas. Alí démonos conta de que tamén contan cun Odeón!! Paramos a tomar un xeado en Ben & Jerry's de sabores variados como muffin de froitas do bosque, torta de mazá, chocolate con menta... Finalmente chegamos ao hotel onde, tras descansar un intre, nos preparamos para a cea. Un día esgotador pero fructífero!!!

P.D. Están facendo un gran uso das linguas: xa piden todas as súas comidas!!"

Crónica do primeiro día en Londres

Londres 16/04/2013

Fai clic para ver máis fotos

16/04/2013

Xa recibimos a primeira crónica de Alba Alonso sobre a nova viaxe do Feal a Londres (xunto con catro novas fotos):

"Tivemos un bo voo, moi británico, tremendamente puntuais. Logo tocounos sobrevoar o centro de Londres, así que tivemos unha fermosa vista moi de cerca do Big Ben, London Eye, Houses of Parliament, Tower Bridge, Támesis... Foi incrible!! Logo en autobús ata o hotel co correspondente atasco. Aproveitamos para facer xogos con Erica en inglés e observar as aforas de Londres. Tamén experimentamos o carril esquerdo na condución e as rotondas!!!"

Grazas Alba!

Londres 2013

O Feal - Londres 2013

16/04/2013

Esta mañá partiu unha nova expedición do Feal con destino Londres. Está formada por un pequeno grupo das nosas seccións bilingües da ESO, xunto con dous profes acompañantes (Alba Alonso e Carlos Seco) e a auxiliar de conversa (Erica Clark). No novo álbum da nosa Galería chamado "Londres 2013", iremos deixando as imaxes que vaiamos recibindo (xa hai seis da saída).

O Feal - Londres 2013

Educación Vial 2013

Educación Viaria 2013

Fai clic para ver máis fotos

12/04/2013

Esta semana, tivemos varias xornadas dedicadas á Educación Vial dirixidas á ESO e organizadas pola Policía Local de Narón. Na nosa Galería, podedes ver imaxes das actividades nas que se trataba de amosar o efecto do alcohol na condución.

Saídas de 1º de Primaria a Alcampo e Aldea Nova

Alcampo 2013Saída de 1º de Primaria a Alcampo

17/03/2013

Ademais das imaxes das recentes saídas de 1º de Primaria a Alcampo e Aldea Nova, na nosa Galería temos fotos adicionais deste alumnado en 2012 nos seguintes álbums:

Moitas grazas a Susana Santalla por facilitarnos todo este material, e de novo... perdón polo retraso na publicación.

 

Saída de 1º de Primaria a Aldea Nova para realizar actividades con froita

Así foi o Entroido 2013 no Feal

 

17/02/2013

Aquí queda un pequeno recordo audiovisual do noso Entroido 2013 (mellor en HD). A montaxe podería mellorarse, pero non podemos dedicarlle máis tempo, porque hai que pasar a traballar noutras historias que están agardando. As fotos utilizadas pasan moi rápido porque tal vez tiñamos demasiado material para esta peza musical, pero pódense ver con máis calma na nosa Galería (aínda que non se pode ampliar moito o tamaño). Tamén recibimos unha presentación feita por José Manuel Timiraos con imaxes de Primaria.

Agradecemos o esforzo de toda a xente que traballou na organización, a colaboración de ex-alumnos, ANPA e Concello nos obradoiros, e en xeral a alegría con que participou todo o centro. Unha vez máis, quédanos un bo sabor de boca!

Novo concurso de Declaracións de Amor

    DECLÁRATE!              

 

Participa no concurso

de declaracións de amor: poemas, cartas, debuxos…

Consulta as bases do concurso nos taboleiros das bibliotecas

Testamento e queima do noso boneco de 2013

Paula, o boneco de 2013 e SilviaFai clic para abrir o testamento

10/02/2013

Os recortes chegan xa a todos os recunchos. Este ano, no Feal non tivemos cartos para queimar un meco grande e vistoso. O único que conseguimos, foi este pobre boneco que suxeitaban con tristura Paula e Silvia pocas horas antes de ler o seu testamento (escrito por María Anca, como é tradición xa dende hai uns anos). De momento, só publicamos o vídeo da lectura do testamento e a queima do meco (mellor en HD), porque poderíamos necesitar semanas para dixerir o abundante material audiovisual recollido, e montar a reportaxe completa. Grazas a todo o centro por axudar a manter a forza desta data tan sinalada no calendario do Feal.

Hall

Os mandados, o meco dos recortes, e os obradoiros

Día da Paz 2013

 

02/02/2013

Non tivemos moita sorte coa nosa celebración do Día da Paz. A chuvia provocou que tivésemos que quedar no patio cuberto, e non era o lugar máis apropiado para o que estaba previsto. Ademais, esta vez temos que pedir desculpas pola mala calidade do vídeo: falta de nitidez, de estabilidade, de orde... o cámara tivo moi mal día! De todas maneiras, pensamos que a emoción do momento quedou recollida, e sempre se pode ver un pouco mellor en HD. Tamén iremos subindo fotos deste día á nosa Galería. Unha vez máis, é un pracer ver a Infantil, Primaria e Secundaria unidos nunha mesma actividade. E se repetimos un día de sol e planificamos un pouco o vídeo?

Árbore da Paz 2013

A nosa Árbore da Paz

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido