Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

I Festival Escolar do Camiño Inglés

Camiño inglés 2019Fai clic para ver máis fotos

22/10/2019

O pasado venres 18 de outubro os pequerrechos de 1º de Primaria acudimos ao I Festival Escolar do Camiño Inglés e Xacobeo 2021 (no porto de Ferrol). Foi unha xornada moi divertida xa que fixemos moitas fotos nos photocalls, cantamos a canción "Segue a frecha", probamos a torta de Santiago e coloreamos a nosa propia cuncha, símbolo do peregrino. Coma nós! Somos peregrinos!

Cantando na AP-9

30/06/2019

Temos pendente publicar unha reportaxe sobre a recente excursión á Ría de Vigo de 2º de ESO. De momento, publicamos este aperitivo co alumnado desfogando durante o regreso en bus.

III Carreira de Fin de Curso do CPI do Feal

Carreiras 2019Fai clic para ver máis fotos

29/06/2019

Tedes algunhas fotos da nosa última carreira de fin de curso no álbum "Carreiras 2019" da nosa Galería.

Un ano máis, agradecemos a colaboración das familias, do alumnado e en xeral de tod@s os participantes. Tamén grazas de novo a Pedro Caro, pola súa animación do evento.

Vídeos e fotos do Festival Fin de Curso

17/08/2019

Xa está dispoñible o material audiovisual do noso último Festival Fin de Curso. Grazas a Montse Lorenzo polos seus vídeos e a Sonia Álvarez polas súas fotos, e por suposto... grazas a toda a xente que axudou a realizar este evento.

Viaxe de 6º de Primaria a Madrid

Madrid 2019Fai clic para ampliar a foto

27/05/2019

Aquí tedes ao noso alumnado de 6º de Primaria cegado polo sol madrileño, durante a viaxe de fin de etapa que fixo a pasada semana. Próxima parada: a ESO.

Coidado cos espellos

Antón entre espellosFai clic para ver o vídeo

15/05/2019

Temos pendente unha reportaxe sobre a recente viaxe a Irlanda do noso alumnado de 1º e 3º de ESO (na sección bilingüe de Plástica), pero como adianto, envíannos este simpático despiste de Antón nun museo de cera irlandés.

Paseo ciclista polo Belelle

Belelle 2019Fai clic para ver máis fotos

07/05/2019

Esta mañá, o alumnado de 6º de Primaria saíu en bici pola beira do río Belelle ata chegar á Fervenza. O noso agradecemento ao Equipo de Educación Vial do Concello, pois sen eles non sería posible esta espectacular saída.

Nova marcha ciclista

Marcha ciclista do 5/5/2019Fai clic para ampliar a foto

05/05/2019

O noso alumnado desde 3º a 6º de Primaria gozou co resto dos colexios de Narón o pasado venres 3 de maio, grazas á tradicional marcha ciclista organizada polo Concello.

Marcha ciclista do 5/5/2019Fai clic para ampliar a foto

6º de Primaria en Santiago

Santiago 2019Fai clic para ver máis fotos

24/04/2019

O pasado xoves 11 de abril, @s alumn@s de 6º de Primaria acompañad@s das súas titoras (Raquel, Lucía e Isabel), ademais de Lara (profesora de PT) e Mónica (coidadora), foron a Santiago de Compostela para visitar a Cidade da Cultura e o Parlamento de Galicia (onde despois de coñecer o edificio, interviron como auténtic@s parlamentari@s no Salón de Plenos).

Entroido 2019

14/03/2019

A nosa última festa de Entroido estivo centrada nos superheroes/heroínas. Como dicía Bowie: "We can be heroes... just for one day" (no vídeo, utilizamos a recente versión de "Heroes" que fixeron Depeche Mode).

Actualización do 13/04/2019: Fotos no álbum Entroido 2019 da nosa Galería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido