Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Xincana na ESO

Xincana 2017

21/12/2017

O noso profe de Educación Física Carlos Bacelo, organizou onte unha xincana por todo o centro de aproximadamente unha hora. A actividade estaba dirixida a 1º e 2º de ESO, aínda que o alumnado de 4º tamén axudou na organización (xunto con outros profes). Grazas a todos os participantes, e deixamos algunhas fotos no álbum "Xincana 2017" da nosa galería.

Marcha ciclista de 6º de Primaria para visitar Maciñeira, na beira do río Belelle

Belelle 2017Fai clic para ampliar a foto

 Belelle 2017 20/12/2017

Para rematar o trimestre, o alumnado de 6º de Primaria fixo hoxe unha bonita saída en bici a carón do río Belelle, chegando ata Maciñeira. Aínda que o percorrido desenvolveuse sen ningunha incidencia importante, a nosa alumna Sabela deunos un susto, xa que mollou un pouco os pes nun regato ao saírse da pista pola que circulabamos.

Agradecer dende o centro, a Sonia, Simón e Pedro, membros do equipo de Educación Vial do Concello, a súa participación, xa que sen eles non sería posible esta actividade.

Belelle 2017Fai clic para ampliar a foto

Magosto 2017 de Secundaria

18/11/2017

Este ano, o Magosto de Secundaria tivo máis sorte co tempo que o de Infantil e Primaria. Foi unha mañá agradable e sen incidentes. Grazas a tod@s pola colaboración, e en especial ao departamento de Educación Física.

Magosto de Infantil e Primaria 2017

Magosto 2017Fai clic para ver máis fotos

10/11/2017

Esta mañá tivemos mala sorte co tempo para o Magosto de Infantil e Primaria, e houbo que quedarse no patio cuberto. De todas maneiras, achegamos algunha das fotos feitas polas nosas alumnas de 4º de ESO B Antía Rodríguez Pita e Ariadna Ramos Pernas (moitas grazas!).

Quentando motores para as festas de outono

Cabazas de 3º e 4º de Primaria

Fai clic para ampliar a foto

25/10/2017

Aquí tedes o primeiro sinal de que as festas de outono están cerca. Son as cabazas traballadas polo noso alumnado de 3º e 4º de Primaria durante un obradoiro organizado polo Concello de Narón.

Fotos e vídeos das actuacións do Festival Fin de Curso 2017

Festival Fin de Curso 2017

 Fai clic para ver máis fotos

05/07/2017

Xa podedes ver as fotos que fixeron María Varela e Sonia Álvarez da nosa última festa no Pazo da Cultura, no álbum "FEstivAL Fin de Curso 2017" da nosa galería. Tamén podedes atopar en YouTube os vídeos gravados por Luis Dopico, na lista de reprodución "Fin de curso 2017", que este ano fará as delicias dos amantes da frauta.

O baile de 6º de Primaria ten silenciado por YouTube o fragmento con música de "The National", debido aos dereitos desta canción. Ademais, non é posible reproducilo en dispositivos móbiles, igual que "Choiva de estrelas" (de 5º de Primaria) e "Baile moderno" (da ANPA), polo mesmo motivo.

Moitas grazas a toda a xente que traballou dalgún xeito no festival.

Xornada do Deporte 2017

Xornada do Deporte 2017

Fai clic para ver máis fotos

27/06/2017

O pasado venres 23, pechamos o calendario lectivo deste curso cunha nova edición da nosa Xornada do Deporte. Esta vez organizáronse carreiras para todos os niveis educativos, e xa podedes ver algunhas fotos na nosa Galería.

Agradecemos especialmente o labor de animación de Pedro Caro, pai das nosas alumnas Noa (3º de EP) e Sara (1º de ESO).

Nova marcha ciclista

Marcha ciclista do 16/6/2017

Fai clic para ampliar a foto

18/06/2017

O pasado venres 16 foi posible a marcha ciclista (organizada polo Concello de Narón) que tivera que ser suspendida a finais de maio debido á choiva. Como podedes ver na foto, esta vez o noso alumnado levaba o nome do seu centro ben visible.

Visita de 3º e 4º de Primaria ao Ecoparque Marín

Marín 2017

 Fai clic para ver máis fotos

14/06/2017

O pasado 7 de xuño, os nosos grupos de 3º e 4º de Primaria e as súas titoras visitaron o Ecoparque Marín. Trátase dunhas instalacións situadas na estrada que vai desde Marín a Moaña, que contan con catro circuítos arbóreos (máis dous de iniciación) con diferentes xogos, alturas e niveis de dificultade. Hai tirolinas de ata 120 m de lonxitude e 11 m de altura. Ademais do alumnado, tamén se animaron a poñerse o arnés as profes Carmen Caruncho (3º C) e Laura Calaza (4º B). Podedes ver unha selección de 99 fotos na nosa Galería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido