F.O.L.
Novo Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral
Enviado por charo.cid o Xov, 25/03/2021 - 10:52Neste último trimestre do curso tedes que tomar decisións acerca do voso futuro académico e profesional. Toda a información de FORMACIÓN PROFESIONAL podes atopala neste servizo.
Déixovos o NOVO horario de atención .PLANIFICA O TEU FUTUR0!!!
I Foro de Emprego Virtual
Enviado por charo.cid o Mar, 15/12/2020 - 12:14I Foro de Empleo Virtual de Executivas de Galicia.Retos e desafios para a igualdade de oportunidades e a Loita contra a Violencia de Xenero.
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SEGUE ORIENTANDO TELEMÁTICAMENTE
Enviado por charo.cid o Lun, 25/05/2020 - 14:18O Departamento de Orientación segue neste tempo de toma de decisións coa asistencia telemática, orientarvos sobre o voso futuro académico e profesional é noso obxectivo. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .
- INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO
Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com
Sara Rivera: sara.rivera@edu.xunta.es
- INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP
Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com
Déixovos a presentación da charla de qué facer despois do bacharelato, podevos servir de axuda nas vosas decisións.
LIGAZÓNS
Que pode facer vostede para axudar durante a pandemia?
Enviado por charo.cid o Mér, 29/04/2020 - 14:44Este artigo vai dirigido á poboación adulta, tanto profesorado, alumnado e familias da nosa comunidade educativa.
Dende o departamento de orientación queremos convidar a reflexionar sobre cuestións que favorezan a convivencia, de entre as que destacamos as condutas prosociais e de axuda no centro educativo e nos demais ámbitos da vida.
Elixin este artigo de Antonio Blanco Prieto, profesor da Universidade de Oviedo, coa intención de ofrecer pautas de axuda que poidamos exercer todos e todas, sen necesidade de estar na “ primeira liña” como ocorre co persoal sanitario.
Antonio Blanco cita neste artigo o psicólogo Howard Gardner, que afirmaba
“que podemos achegar poderosos modelos que conviden a outros seres humanos a actuar dunha maneira cada vez máis responsable”. Unha cuestión presente, se consideramos o liderado social, sen necesidade de tirar grandes foguetes, simplemente comprendendo o impacto do comportamento no noso pequeno mundo.
Cita tamén o artigo a Javier Gomá , filósofo que recuperou o concepto de exemplaridade, quen explica que vivimos, nos movemos e existimos entre exemplos, sendo, tamén, nós exemplos para os demáis.
Todos somos responsables
Aquí, afirma Antonio Blanco, “atópase a responsabilidade de calquera persoa ante a crise, tanto dos que están na primeira liña, como daqueles que senten baleiro pola ausencia de actividade prosocial. Uns e outros deben ser conscientes do valor das súas condutas, do seu exemplo.
O simple cumprimento das recomendacións da saúde pública supón un primeiro exercicio de exemplaridade.
Esta responsabilidade obríganos a un claro imperativo categórico: “obra de tal maneira que os efectos da túa acción sexan compatibles coa permanencia dunha vida humana auténtica sobre a Terra”.
Convídovos a ler este artigo e descubrir tódalas condutas e comportamentos que merecen os nosos aplausos e que facemos tódolos días na nosa cotiandade.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
¿Qué puede hacer usted para ayudar durante la pandemia?
https://theconversation.com/que-puede-hacer-usted-para-ayudar-durante-la-pand
Simulacro No IES Politécnico de Vigo 2019/2020
Enviado por charo.cid o Mér, 11/12/2019 - 14:06O día 27 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación no noso Instituto de forma EXITOSA.
Dar as grazas a Agrupación de Voluntariado de Protección Civil do Concello de Vigo pola súa presenza ano tras ano , a nosa compañeira de Emerxencias Isabel Rodríguez e ao titor de 2º de FP Básica Antonio Ramilo pola sua organización, ao alumnado de 1º do Ciclo de Prevención e ao alumnado de 2º de FP básica pola organización previa, e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .
Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!
Solicitude bolsa Erasmus Ciclos Formativos Medios e Superiores
Enviado por charo.cid o Ven, 18/10/2019 - 10:07Xa podes facer a túa solicitude de bolsa Erasmus. Vive a túa experiencia Erasmus!
8 de cada 10 ERASMUS atopan traballo antes de tres meses. Reportaxe interesante na TVE2.
Cuestionario Tutoría Amadeo
Enviado por charo.cid o Mér, 02/10/2019 - 13:19Mobilidade ERASMUS+ a Pont du Château en Francia.
Enviado por charo.cid o Xov, 26/09/2019 - 09:46A compañeira Eva Piña, profesora de Formarción e Orientación laboral, e a Orientadora do instituto, María Irma Álvarez, veñen de facer unha mobilidade ERASMUS+ ao Lycée de Pont du Château en Francia, dentro do Proxecto KA103 que xestionamos dende o noso centro.
Intercambio de experiencias educativas, con especial atención á diversidade funcional no tratamento a persoas con discapacidade, así como á convivencia/ promoción da igualdade, orientación académica, profesional e laboral.
OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE PROCURA DE EMPREGO 2º FP BÁSICA
Enviado por charo.cid o Mér, 27/02/2019 - 21:24O alumnado de 2º de FP Básica participou activamente na configuración dun Currículo e no desenvolvimento de dinámicas de simulación dunha entrevista de traballo. Queremos dar as grazas a Anabel e Paula de IDAE CONSULTORES.
Convocatoria Bolsas ERASMUS +para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.
Enviado por charo.cid o Mér, 30/01/2019 - 15:00Abrese o prazo de presentación de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+ para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.
O período serán dende OUTUBRO de 2019. O PRAZO DE PETICIÓN das BOLSAS rematará o VENRES 22 de FEBREIRO de 2019.
Coa finalidade de poder aclarar calquera DÚBIDA en relación coa SOLICITUDE DAS BOLSAS ERASMUS+, así como do seu contido temos programada unha CHARLA o MARTES 12 de FEBREIRO de 2019 no RECREO da da tarde, ás 19:20 h., na AULA D1 de DELINEACIÓN.
Simulacro no IES Politécnico de Vigo
Enviado por charo.cid o Lun, 03/12/2018 - 11:21O día 15 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación no noso Instituto.
Dar as grazas a Protección Civil do Concello de Vigo pola súa presenza ano tras ano a nosa compañeira de Emerxencias e ao titor de FP BÁSICA pola sua organización , aos alumnos do 1ºciclo de prevención e aos alumnos de FP básica pola organización previa , e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .
Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!
Vídeos Para Aprender a Estudar
Enviado por charo.cid o Mér, 28/11/2018 - 12:32Déixovos uns vídeos para aprender a estudar.
Nada que Celebrar IES Politécnico Vigo 2018
Enviado por charo.cid o Ven, 23/11/2018 - 10:21Corto realizado polo alumnado de 2º da ESO de Igualdade de Xénero. Como motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Día 25 de Novembro. Día Internacional Contra a Violencia Machista.
Enviado por charo.cid o Ven, 16/11/2018 - 16:56Micromachismos.
Enviado por charo.cid o Ven, 16/11/2018 - 12:31Charla Informativa Ciclos Superiores e Ciclos Medios FCT e Prácticas no Estranxeiro Erasmus+
Enviado por charo.cid o Lun, 29/10/2018 - 10:18
Euroskills Budapest 2018
Enviado por charo.cid o Xov, 27/09/2018 - 14:06Raúl Fernández Lorenzo do CS Programación da produción en fabricación mecánica, gañador do último SpainSkills 2017 na modalidade de CNC-Torneado e Fresado, está nestes días na competición Europea Euroskills 2018 en CNC-Milling (CNC-fresado), acompañado polo profesor de fabricación mecánica Javier Fondevila. Desde o IES Politécnico de Vigo animámosche para que nos volvas a traer outra medalla.
Veña a por ela!!!
Convocadas prazas nos Centros Residenciais Docentes para estudos postobrigatorios 2018
Enviado por charo.cid o Mar, 12/06/2018 - 09:27Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2018/2019.
LIGAZÓNS
Charla Coloquio "Presente e futuro da familia profesional de Edificación e Obra Civil".
Enviado por charo.cid o Lun, 11/06/2018 - 10:47Convocatoria Probas libres de obtención de títulos de FP LOE no 2018 Galicia
Enviado por charo.cid o Xov, 19/04/2018 - 11:00A Conselleria de Educación convocou as Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP LOE na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2018. O prazo de presentación das solicitudes do 17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13´00h. Matrícula para módulos de ciclos con prazas liberadas: do 23 ao 31 de maio.
LIGAZÓNS:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »