Mobilidade ERASMUS+ a Pont du Château en Francia.

A compañeira Eva Piña, profesora de Formarción e Orientación laboral,  e a Orientadora do instituto, María Irma Álvarez, veñen de facer unha mobilidade ERASMUS+ ao Lycée de Pont du Château en Francia, dentro do Proxecto KA103 que xestionamos dende o noso centro.

Intercambio de experiencias educativas, con especial atención á diversidade funcional no tratamento a persoas con discapacidade, así como á convivencia/ promoción da igualdade, orientación académica, profesional e laboral.