CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO EN RÉXIME DUAL

No curso 2014/2015 o IES Politécnico de Vigo comezou a impartir o seguinte Ciclo Formativo de Grao Medio no réximo DUAL coa empresa Benteler Automotive Vigo S.L., e reiniciouse un segundo grupo no curso 2015/16:

 

C.M. Mantemento electromecánico

Máis información dos Convenios

Curso 2014/2015 

 Curso 2015/2016 

Currículo DOG

 
O Técnico en Mantemento Electromecánico exerce a súa actividade profesional en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipo industrial e liñas automatizadas ben por conta propia ou allea.
As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
  • Mecánico de mantemento.
  • Montador industrial.
  • Montador de equipos eléctricos.
  • Montador de equipos electrónicos.
  • Mantedor de liña automatizada.
  • Montador de bens de equipo.
  • Montador de automatismos pneumáticos e hidráulicos.
  • Instalador electricista industrial.
  • Electricista de mantemento e reparación de equipos de control, medida e precisión.
 

MÓDULOS PROFESIONAIS

Cursos 2014/15 e 2015/16: (5 días no IES Politécnico de Vigo)

  • MP0949. Técnicas de fabricación (240h)
  • MP0950. Técnicas de unión e montaxe (133h)
  • MP0952. Automatismos pneumáticos e hidráulicos (240h)
  • MP0956. Formación e orientación laboral (107h)

Curso 2015/16 e 2016/17: (1 día no IES Politécnico de Vigo e 4 días en Benteler Automotive Vigo S.L.)

  • MP0951. Electricidade e automatismos eléctricos (240h)
  • MP0953. Montaxe e mantemento mecánico (210h)
  • MP0957. Empresa e iniciativa emprendedora (53h)

Cursos 2016/17 e 2017/18: (1 día no IES Politécnico de Vigo e 4 días en Benteler Automotive Vigo S.L.)

  • MP0954. Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico (192h)
  • MP0955. Montaxe e mantemento de liñas automatizadas (175h)