IV Certame Provincial Escolar de Regueifas

 

O IES Politécnico vén de participar no IV Certame Provincial Escolar de Regueifas realizado no Auditorio do CVC Valadares (Vigo) que presentaba un cheo absoluto na xornada do venres 24/11/204, con arredor de 400 persoas de 10 centros diferentes da provincia de Pontevedra.

Estes centros, entre os que estaba o IES Politécnico, clasificaran para este certame de entre os máis de 40 que participaron nos obradoiros organizados pola Asociación Oral e financiados pola Deputación de Pontevedra, e que se celebraron o pasado mes de outubro e novembro nos respectivos centros. Nesta marabillosa xornada arredor da nosa tradición oral improvisada, un total de 100 alumnos e alumnas participaron neste certame, improvisando os seus versos en lingua galega.

No noso caso, despois dos 2 obradoiros impartidos este mes de novembro no noso centro, participamos cun grupo de 9 representantes dos cursos de 3º ESO A + B.

Para iniciar o evento, comezaron as 10 quendas eliminatorias, nas que participaban 10 alumnxs (1 de cada centro) e das que só pasaban 2 de cada unha para as semifinais. Nestas 10 primeiras quendas participaron as nosas 9 representantes, cunha destacada actuación de cada un/unha, nun dos certames con máis nivel dos últimos anos...

A seguir chegaron as semifinais, nas que o IES Politécnico conseguiu meter un representante, Nuno Lima, que chegou ata elas despois de clasificarse na súa serie eliminatoria como 1º de grupo. 

Lamentablemente, o xurado non escolleu ao noso representante como finalista do concurso, ao que chegaron só 4 participantes dos 20 clasificados en semifinais; e dos 100 que comezaron o certame a primeira hora da mañá.

Porén, tanto a actuación de semifinais, como as das quendas previas foi marabillosa; polo que non nos queda máis que dárllelos PARABÉNS a todo o EQUIPO REGUEIFEIRO do IES Politécnico de Vigo, pola súa afouteza e actitude durante a xornada...

Volveremos!!!