Chega "25 de novembro, nada que celebrar"; o novo programa de Onda Candeira

Xa está no aire o novo programa de Onda Candeira, "25 de novembro, nada que celebrar", un episodio especial para esta xornada internacional contra a violencia machista, realizado por boa parte da comunidade educativa do IES Politécnico de Vigo.

Na primeira parte deste episodio, alumnado de 2º BACH A realizará unha introdución do mesmo e coñeceremos os actos desta xornada en Vigo, para dar paso a algo de poesía e á lectura dun dos manifestos para esta reivindicativa xornada.

A seguir, na 2ª parte do programa, alumnado de 1º BACH C realiza unha entrevista a Carme Adán, profesora no IES Politécnico e escritora de varios libros nos que aborda a violencia contra as mulleres. 

Na 3ª parte, será o alumnado de 1º BACH B o que nos anime a xornada con moita música e máis poesía.

E para rematar, a guinda final virá co rap que nos trae para esta xornada o grupo de 3º ESO A, e que foi traballado nas súas aulas de castelán. 

Non perdades este episodio de Onda Candeira! Desde Torrecedeira, para o Mundo!!

 

AdxuntoTamaño
Podcast - 25 n - Nada que celebrar - Onda Candeira -.mp340.74 MB