Nace "Onda Candeira", a radio do IES Politécnico
Enviado por kikestevez o Dom, 08/10/2023 - 10:48
Esta pasada semana produciuse a gravación do primeiro programa de "Onda Candeira", a radio do IES Politécnico de Vigo. E para comezar esta nova xeira radiofónica, chega o primeiro episodio de "Lingoreteiras", un programa realizado polo grupo de 1º ESO A, e no que dan un repaso a algunhas das linguas da Península Ibérica, de Europa e do resto do mundo. Non o perdades!!
Ligazón ao programa: Lingoreteiras!