FP Dual Stellantis España--IES Politécnico de Vigo

O 4 de xullo, realizouse no IES Politécnico de Vigo a sinatura dos convenios de FP Dual entre a Conselleiro de cultura, eduación, formación profesional e universidades, Román Rodríguez González, e o director de Recursos Humanos de Stellantis España das plantas de Vigo e Mangualde, Pablo Ramos Basoa.

 

Ao acto asistiron, tamén, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; o responsable de Contratación e Formación de Stellantis en Vigo, José Manuel Cernadas; o responsable de Formación de Stellantis, José Ramón Coira; a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, a subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo, Cristina Lesta; e os directores e dinamizadores de relación coa empresa dos centros educativos implicados.

 

Os proxectos de FP Dual asinados para o vindeiro curso 2023/24 coa empresa Stellantis España on os seguintes:

 

No IES Politécnico de Vigo

 

Ciclo Superior Mecatrónica Industrial con oferta parcial do Ciclo Superior Automatización e robótica industrial

 

Curso de Especialización en Robótica colaborativa con oferta parcial do Ciclo Superior de Mecatrónica industrial

 

 

No CIFP Valentín Paz Andrade

 

Curso de Especialización en Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos