Aula de Emprendemento presenta "Emprender en RRHH" con Eva Porto e Uxío Marcos.

O luns 17 de outubro poidemos compartir con Eva Porto e Uxío Marcos un espacio de emprendemento a través dunha charla no salón de actos do noso centro. Asistiron a ela máis de cen alumnos e alumnas de ciclos formativos de F.P. 
Unha experiencia moi enriquecedora onde Eva e Uxío trasladaron ao alumnado os erros que tiveron no seu momento emprendedor, os éxitos acadados e algún consello e recomendación para un momento emprendedor futuro.
Pódese ver unha galería de momentos nas redes sociais da Aula de Emprendemento, que está presente como @aepolitecvigo en Instagram, Twitter e LinkedIn.
Esta actividade de emprendemento é unha actuación financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial: Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Reparto de 2021) no marco do Mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.