As mulleres que nos levaron á lúa

A Aula de Emprendemento do Politécnico de Vigo, en colaboración co proxecto de innovación de F.P Galaxia Emprende presenta a exposición "As mulleres que nos levaron á lúa" promovida pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación de Ourense e Exxperimentaenfeminino. 

Nesta exposición amósanse algunhas das mulleres claves no éxito da misión do Apolo XI e da posterior conquista do espazo.

Poderemos gozar desta exposición itinerante ata fin deste mes de setembro no noso centro.