XORNADA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE MESTRE MATEO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Dende a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela queremos invitarvos a asistir á presentación virtual das ensinanzas, tanto profesionais como superiores, que ofertamos no noso centro.

A xornada terá lugar o vindeiro martes 11 ás 11 da mañá. O formato da xornada será a través de Webex. Presentaremos os diferentes estudos da Escola e amosaremos tanto as instalacións como os traballos do alumnado. A duración prevista do evento será dunha hora aproximadamente.

Esta é a ligazón para que as persoas interesadas poidan conectarse en aberto:

(non pide contrasinal, pero por se acaso, é: MXrQVPpe385)

Ao final das intervencións atenderemos as preguntas que nos fagan as persoas asistentes polo chat. Gravaremos a sesión e subirémola ao noso Youtube para que as persoas que non poidan acudir teñan a posibilidade de velo posteriormente.

Pregámosvos que lles fagades chegar esta invitación a todo o profesorado e persoal de orientación ou alumnado que consideredes poida ter interese nesta información.

Lembrámosvos as ensinanzas impartidas na nosa Escola.

Ensinanzas de Primeiro Ciclo - Nivel 2 do Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES) (nivel grao) - EQF 6

- Ensinanzas artísticas superiores en Deseño de Moda (único centro oficial de Galicia que oferta esta especialidade)
- Ensinanzas artísticas superiores en Deseño de Produto (unico centro oficial de Galicia que oferta esta especialidade)

Ensinanzas de Ciclo Curto - MECES 1 (nivel de técnico superior) - EQF 5

- Ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en Técnicas Escultórica
- Ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en  Fotografía
- Ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en Xoiaría Artística