Actividades Xeografía semanas do 25 ao 5 de xuño

 

Actividade 1: Traballo sobre a crise do COVID19

Este exercicio ten que entregarse como data límite 29 de maio. É individual

  1. Ler a seguinte nova e respostar as seguintes preguntas:https://economia3.com/2020/05/02/262358-covid-19-deja-caidas-historicas-de-pib-y-recesion-en-paises-desarrollados/

a) Que significa P.I.B.?

b) Que é unha recesión? A que recesión anterior se refire?

c) Cales son os 3 países nos que máis caeu o PIB?

d) Que sectores son os maís afectados?

e) A que se debe a crise económica do coronavirus?

Actividade 2: Traballo consecuencias COVID19

O seguinte exercicio pode facerse en grupos de máximo 3 persoas. Data límite de entrega o 5 de xuño. Constará dun mínimo de 10 páxinas ou diapositivas(incluíndo imaxes e webgrafía) sobre 1 dos seguintes temas a elexir:

      1. As consecuencias da crise do COVID19 sobre a agricultura e a gandaría. Como afectou a este sector o confinamento e a paralización económica e como pode evolucionar no futuro.

      2. As consecuencias da crise da COVID19 sobre a industria. Como afectou o confinamento, que sectores de actividade industrial son os máis afectados e que consecuencias pode traer ao futuro da industria.

      3. As consecuencias da crise da COVID19 sobre o transporte. Como afectou á mobilidade, que medios de transporte foron os mási afectados e como pode evolucionar o sector no futuro.

      4. As consecuencias da crise da COVID19 sobre o comercio, tanto exterior como interior. Cales foron as limitacións atendendo aos tipos de comercio(interior/exterior, retallista/almacenista) e como pode evolucionar o sector no futuro.

      5. As consecuencias da crise da COVID19 sobre o turismo. Como afectou a limitación da mobilidade, en que situación se atopa o sector agora mesmo e como pode evolucionar no futuro.

En calquera dos temas habería que facer referencia á realidade mundial, a situación en España e, neste último caso, incluír datos sobre perda de postos de traballo ou caída do volume da actividade económica(ventas, viaxes, PIB, etc.). Pódense incluír tiulares de periódico así como gráficas.

 Enviar por mail a joaquinpastoriza@edu.xunta.gal ou xaquinpastoriza@gmail.com