EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL-1º ESO

Ola a todos!!!, espero que estedes ben. Envíovos a proposta para o novo traballo. Esta vez imos introducirnos no mundo do papel. Ides traballar co collage (técnica que consiste en pegar imaxes de papel) e con diferentes papeis, cartóns, superficies… para crear texturas (superficie dun obxecto e sensación que produce cando a tocamos ou a vemos).

Tedes que elexir unha obra de arte (pode ser de calqueira período da historia) ou un artista (pode ser pintor, escultor, arquitecto, grabador, fotógrafo, ilustrador…). Baseándovos nesa obra ou artista tedes que crear a vosa propia obra (pode ser bidimensional ou tridimensional). Podedes facer primeiro un boceto debuxando. Esa obra ten que estar composta por papel, é dicir, podedes pegar imaxes de revista…, podedes pegar diferentes tipos de papeis, de cartóns… incluso de outros materiais como plásticos, porexpán, tea…. Necesitaredes pegamento ou cola. En función do que vaiades a facer usade un ou outro material para pegar ( incluso silicona). Pensade antes de crear. Podedes facer a vosa obra sobre un papel ou cartón ou construila, en caso de que sexa tridimensional tamén sobre unha base de cartón (solo se o necesitades).

 

Envíovos unos enlaces recomendables para ver antes de comezar a traballar: 

https://www.youtube.com/watch?v=H_wi-PUHeU0

 

https://www.youtube.com/watch?v=jWjmVYNPFQo

 

Espero que salgan estupendos e creativos traballos. Cando estea listo enviádeo como sempre ao correo:  iespolitecnico.epv@gmail.com

 

Un saúdo e moito ánimo chicos!!!