Matemáticas: Recuperacións e outras probas

Boa tarde:

Como xa comentamos hoxe na videoconferencia, comunícovos as datas das probas que imos facer, en previsión de que non sexa posible facer exames presenciais.

Xoves 14/5 ás 9.00 h:  Análise (Materia impartida antes do 13 de marzo)

Xoves 21/5 ás 9.00 h: Recuperación da 1ª Avaliación (Álxebra).

Xoves 28/5 ás 9.00 h: Recuperación da 2ª Avaliación (Xeometría).

As probas terán unha duración de 50 minutos. Publicaránse os exercicios nesta páxina web no día correspondente ás 8.55 h, e deberán estar enviados por correo electrónico resoltos,ás 10.00 h do mesmo día.

Se se puidesen realizar exames presenciais, estas probas serán un complemento dos ditos exames presenciais. 

Saúdos.

Chus Magariños.