EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL-4º ESO

Hola chic@s Sorriso. Envíovos a cuarta tarefa dende o ppio do confinamento. Lembrade que a primeira e a segunda están na pestana do departamento de debuxo (actividades) e a terceira na pestana da 3ª avaliación, todas elas na páxina do instituto. Dende ppios de curso traballamos con dous sistemas de representación: diédrico (vistas) e axonométrico (perspectiva cabaleira e isométrica). O terceiro sistema que nos queda por ver é o sistema cónico, pero dadas as circunstancias non vai ser explicado, pero si ides a poder achegarvos a él coa seguinte proposta. Tedes que debuxar dúas imaxes que vexades na vosa casa (tanto dentro de casa como fora, dende a ventá). As dúas imaxes teñen que estar en perspectiva cónica seguindo as seguintes pautas: unha en perspectiva cónica frontal (un só punto de fuga) e outra en perspectiva cónica oblícua (dous puntos de fuga). Tede en conta que a perspectiva cónica representa os espacios e as cousas tal e como se ven: canto máis lonxe máis pequeñas vemos as cousas, polo tanto máis pequeñas se representan. Podedes debuxar un pasillo, un trozo dunha habitación con paredes, chan e teito, un moble (cama, mesa, sofá…) coa parede e o chan, a perspectiva da rúa (dende a ventá), a perpspectiva dos mobles da cociña… Non tedes que facelo seguindo un procedemento de debuxo técnico, xa que non o expliquei. Se trata de que intentedes debuxar o que vedes exaxerándolle un pouco a perspectiva. Visualidade primeiro o seguinte vídeo (é moi curto) e logo vede os exemplos que vos envío. Nada de agobios. Trátase de aprender. Moito ánimo e un saúdo.

Vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=vuRbloqZNco

Exemplos de perspectiva cónica frontal:

https://agrega.juntadeandalucia.es/repositorio/26022013/44/es-an_2013022...

https://i.pinimg.com/originals/17/29/94/172994fe9b2ac2b02c7aa88f8b0f393a...

Exemplos de perspectiva cónica oblícua:

https://i.pinimg.com/originals/0d/c5/b7/0dc5b75b9399b1189e00c77d544425d4...

https://i.pinimg.com/originals/95/d4/3f/95d43fd7fd1b8db94fc5c0a5478e51d1...