EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL-1º ESO

Ola chic@s Sorriso. Envíovos o 4º traballo dende o comezo do confinamento (lémbrovos que os dous primeiros están na pestana do departanto de debuxo (actividades) e o terceiro na pestana da 3ª avaliación. Imos á introducirnos un pouquiño nun mundo que xa coñecedes: o mundo do cómic. Para comezar ides a acceder ao seguinte enlace para coñecer mellor cales son os elementos dun cómic: https://es.slideshare.net/fperezr/elementos-del-comic-1517434     

Despois de saber un pouco máis sobre os elementos que compoñen un cómic ides a inventar o voso propio cómic. Tedes que inventar unha historia curta, pode ser de calqueira xénero: comedia, terror, drama... O voso cómic ten que ter: título, entre 10 e 15 viñetas, imaxes (en diferentes planos e diferentes ángulos), texto (en bocadillos e cartelas), algunha onomatopeia, algunha metáfora visual. A técnica para facer o cómic será completamente libre: podedes debuxar (facelo a blanco e negro ou a cor), podedes recortar imaxes de revistas e pegarlle por riba os diálogos feitos noutro papel, podedes sacar fotos e imprimilas e pegalas ou usalas para facer un cómic no ordeador, podedes combinar varias técnicas... 

Estou segura de que faredes cómics estupendos. 

Como sempre enviade ao correo:   iespolitecnico.epv@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo.