ESA4: SOCIEDADE 2/4/20 1º BIMESTRE
Ola alumn@s
Temos que ir avanzando nos contidos deste bimestre porque hai que ter en conta que a avaliación inicial estaba prevista para o 23 de abril. Hai que estar abertos a todos os posibles escenarios polo tanto a esforzarnos un pouquiño, se a nosa saúde e a dos nosos achegados no lo permite.
Imos intentar traballar o último apartado da unidade didáctica 13: “A Ditadura de Franco e a Transición”. Esta semana ímonos deter concretamente nos contidos sobre a ditadura que podedes atopar a partir da páxina 38 ata 49 sempre e cando estudedes coa unidade que está en galego.
-Le o seguinte texto varias veces e a continuación fai as actividades.
“A ensinanza foi case un monopolio da Igrexa católica. A coeducación prohibiuse e gran parte dos mestres republicanos foron apartados dos seus postos.
A ensinanza debía contribuír a difundir entre nenos e mozos os valores do réxime, como o amor á patria, o papel secundario da muller e a mitificación da figura de Franco. Ata a aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970 non se intentou modernizar o sistema educativo español, adecuándoo á realidade social do país”.
Explica o significado das seguintes palabras: monopolio, coeducación e mitificación.
Cal é o tema deste texto?
Cal é a mensaxe que se transmite dese tema por parte do autor?
Que intenta hoxe difundir a educación entre nenos e mozos?
Que debería intentar difundir a educación?
-Consulta a páxina 64 desta unidade didáctica e escribe información, aproximadamente unha carilla, sobre a ditadura de Franco que consideres importante pero que non inclúen no resumo.
Déixovos o meu correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal
Ánimo para estas vacacións tan diferentes das que esperabamos.
Dolores Losada Arias: titora e profesora de Sociedade de ESA4