2ª Bacharelato E: Tema 11(2. Expresión composta de integrais inmediatas)
Enviado por magarinos o Lun, 23/03/2020 - 13:51
Bo día, espero que todo vaia ben nas vosas casas. Parece que imos tardar en vernos, así que continuamos a comunicación aquí.
No arquivo adxunto tedes as solucións dos exercicios correspondentes a: 1. Primitivas. Regras básicas para o seu cálculo(paxs.328-331) e uns vídeos con explicacións para continuar.
Podedes continuar na páxina 332(2. Expresión composta de integrais inmediatas) e facer os exercicios propostos na 233.
Xa sabedes que podedes enviar por e-mail o que fagades, para poder corrixilo.
Xa vos direi a data do exame, cando saibamos a data da volta.
Un saúdo.
Chus.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Tema11-2.pdf | 471.15 KB |