Psicoloxía 2ºBac

  

Para todo o alumnado de 2º de Bacharelato. Tedes o tema 5º sobre a personalidade e tamén as fotocopias do libro Frédéric Lenoir "Sobre la Felicidad". Dadas as circunstancias especiais propóñovos dúas tarefas:

 

1. Ler o libro completo que seguro que vos axuda a entender esta situación tan dificil. http://sparerdese.blogspot.com/2018/06/descargar-sobre-la-felicidad-un-viaje.html

 

2. Analizar o comportamento da xente. Isto vai ter un compoñente interesante de resistencia psicolóxica. Vou tentar facer unha pequena guía... podemos coller un caderno e cada día anotar como nos sentimos.

 

3. Estou a vosa disposición no correo: carme.adan@gmail.com

 

Xa vos boto en falta, pero pensade que desta sairemos valorando as cousas importantes da vida.

 

Unha aperta moi forte a todas e todos,

 

Carme Adán

  

ESA4:   SOCIEDADE    20 /3/20    1º BIMESTRE

 

Ben, alumn@s,  aquí estamos. Hai que animarse e poñerse co estudo desta materia porque dese xeito cando nos incorporemos ás clases imos  comprobar que seguir as recomendacións expostas vos vai a ser proveitoso para alcanzar os obxectivos.

 

Imos  repasar os contidos que tiñamos que estudar para o último exame da Unidade didáctica 13, concretamente os que competen “A Guerra Fría e o proceso de descolonización”.

 

Lede atentamente as páxinas  destes dous apartados facendo a continuación os exercicios correspondentes recurrindo só ás solucións das actividades unha vez que dunha forma persoal  os teñades feitos.

 

Estudade  con detemento o resumo dos contidos nas páx: 58,59,60,61,62,63 e 64 .

 

Filosofía da relixión: BA1C      2ª AVALIACIÓN: 21/3/20

 

Ben, alumn@s,  aquí estamos.

 

Nestes días algunhas  e algúns de vós podedes aproveitar para rematar o traballo desta 2ª avaliación e así poder continuar coa exposición na clase cando voltemos.

 

Os  alumn@s que teñan xa rematado o traballo se queren seguir en activo nesta materia,  poden buscar citas de pensador@s que reflictan as distintas actitudes ante o Absoluto ou Deus. Non teñen que ser necesariamente filósof@s.

 

Dolores Losada

 

FILOSOFÍA: B1D, B1F, b1a, b1c, b2b, b2d   2ª AVALIACIÓN: 21/3/20

Este documento  é para informar ó alumnado que está matriculado nos cursos sinalados anteriormente, é dicir: B1D da quenda de vespertino, B1F da quenda de mañá e todo o alumnado matriculad@s nesta materia  nun curso de adult@s.    

 

Ola  alumn@s. Este comunicado é para contactar e en definitiva volver  repetir o que xa informei nas clases por si vos esquecestes. Como tiñamos que ter os exames nos  días 16, 17,18  de marzo xa sabedes cales son os contidos que hai que estudar para alcanzar os obxectivos pero volvo a insistir nisto:

 

            Tema 2 de Epistemoloxía. Estudade intentando facendo as actividades.

 

            Tema 8 de Ética, exceptuando ou excluíndo o apartado 2 “ Algunhas teorías éticas”   que estudaremos na 3ª avaliación. Prestade atención ós conceptos ou terminoloxía dos dous apartados a estudar.

 

 Ánimo e tranquil@s que cando voltemos xa tod@s nos organizaremos  o mellor posible.

 

 

 Pendentes de Filosofía de 1º:  23/3/20               CURSO: 2019/20

 

 

 Actividades para reforzar o que realizamos nas clases presenciais.

 Partimos do feito de que o libro de texto a seguir é: Filosofía 1 da editorial Rodeira-grupo Edebé. ISBN: 978-84-8349-421-9

 Esta semana imos traballar o primeiro tema: “Filosofía, sentido e historia”.

         Fai un percorrido polos catro períodos principais da filosofía identificando os principais problemas que se analizan en cada un deles. Podes utilizar unha táboa semellante á que che propoñemos. Realiza este exercicio en dúas carillas. Traballa debidamente o apartado dos problemas e temas obxecto de estudo.

 

Etapa da historia da filosofía

Problemas e temas obxecto de estudo

Filósofos representativos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                                                

         Exercicio 9, páx. 39. Presta atención porque a resposta desta actividade é importante para o momento que vivimos.

         Fai un mapa conceptual do tema, seguindo o modelo da páx. 39 e intenta amplialo.

 Deixovos o meu correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

 

 

 ESA4:  SOCIEDADE                              30/3/20                                 1º BIMESTRE

 

Ola alumn@s.

Hai que animarse e  facer algún  exercicio para enviarmo ó correo. A tod@s cústanos comezar un traballo pero unha vez que collemos o ritmo xa é máis levadeiro.

Non tedes que preocuparvos por se non está perfecto, a perfección é un ideal ó que non imos chegar. Só desexo saber que estades aí con esa forza que caracteriza os meus alumnos cando se propoñen facer algo.

Hoxe imos traballar sobre o tema “Iniciación á actividade emprendedora e empresarial”. A materia  que tiñamos que preparar para o exame no resumo abarcaba dende a páxina 28 ata a páxina 32 inclusive.

            Fai un escrito en forma de diálogo. Necesariamente teñen que aparecer dous personaxes, un empresari@ e un obreir@. A extensión, aproximadamente dúas carillas.

            Nas páx. 36,37,38 e 39 do tema tedes as actividades tipo test. Facede só aquelas nas que o enunciado fai referencia á materia que tiñamos que estudar para o exame.

  Deixovos o meu correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

 Dolores Losada Arias: titora e profesora de Sociedade de ESA4

 

Filosofía da relixión: BA1C                                                 2ª AVALIACIÓN: 30/3/20

           

Ola, alumn@s

O motivo deste documento é fundamentalmente para non desconectar desta materia.

Xa que temos tantas horas para facer cantidade de tarefas se vos animades, podedes escribir un diálogo entre dous personaxes que sexan de diferentes posturas ante a existencia  do Absoluto.

O tema a tratar no texto pode estar relacionado coa situación que estamos a vivir de encerro ou doutro tema que vos poida interesar . Deixovos o meu correo electrónico por se o precisades: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

 

FILOSOFÍA: B1D, B1F, b1a, b1c, b2b, b2d2ª AVALIACIÓN: 30/3/20

Este documento vai destinado ó alumnado que está matriculado nos cursos sinalados anteriormente, é dicir: B1D da quenda de vespertino, B1F da quenda de mañá e todo o alumnado matriculado nesta materianun curso de adult@s.

Ola, alumn@s. Sirvome deste comunicado fundamentalmente para que dalgúnxeito sigamos en contacto e non vos esquezades da materia e dos compañeir@s.

Se vos animades podedes facer as seguintes actividades:

- Un mapa conceptual das ferramentasdo coñecementosegundo os contidos da páxina 46 do tema de Epistemoloxía.

- Un escrito de dúas carillas de amplitude sobre a evoluciónda conciencia moral. O escrito debe coidar a organización e evitar ser unha mera copia da páxina 185 do temade Ética.

- Presparade tamén un dilema para levar á clase cando voltemos que teña algunha relación coa situación que estamos vivindo de encerro.

Deixovos o meu correo electrónico:dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

Ánimo e mantede esa alegría que vos caracteriza.

Dolores Losada Arias: profesora de filosofía

 

Pendentes de Filosofía de 1º:30/3/20CURSO: 2019/20

Ola, alumn@s, é importante que non desconectedes da materia ahora que en principio co encerrotedes máis tempo.

Actividades para reforzar o que realizamos nas clases presenciais.

Partimos do feito que o libro de texto a seguir é:Filosofía 1da editorial Rodeira-grupo Edebé. ISBN: 978-84-8349-421-9

Esta semana imos traballar os temas 2 e 8: “O problema filosófico do coñecemento”e “Ética”.

- Escribe un diálogo entre tres personaxes que manteñan diferentes posturas ante a posibilidade do coñecemento global. Consulta a páxina 54 do libro de texto.

- Cal che parece a aportación máis importante que fixo Kant á teoría do coñecemento?

- Cal é a Ética aplicada que neste momento che parece a máis importante para a situación que estamos a vivir? Por que?

Podedes tamén realizar os exercicios quecolguei o día 30 de marzo para o alumnado de filosofía.

Ánimo e mantede esa alegría coa que chegabadesás clases presenciais.