Banco de ensaios de visión artificial

O IES Politécnico de Vigo presentará en breve o proxecto "DESENVOLVEMENTO DUN BANCO DE ENSAIOS DE VISIÓN ARTIFICIAL PARA A VERIFICACIÓN DE PRODUTO EN PROCESOS INDUSTRIAIS", realizado grazas aos Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

      Este proxecto foi premiado na Resolución do 22 de maio de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.