Extraescolares
Formularios de inscrición para actividades extraescolares
Curso 2019/20
-
Viaxe a Londres (25 febreiro ao 2 de marzo de 2020)
- Información da viaxe
- Horarios visitas
- Menús das ceas
- Teléfono de contacto durante a viaxe: 604007908
Tartufo
Enviado por Vicedirec. o 11 Outubro, 2016 - 09:46Hoxe martes 11 de outubro o alumnado de 3º PMAR, 1º de Bacharelato e de Literatura Galega do século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato viaxan a Santiago para asistir á representación do Tartufo de Molière do Centro Dramático Galego.
É unha actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e Castelá.
Inscrición viaxe á neve ANDORRA 2017
Enviado por admin o 3 Outubro, 2016 - 16:55Todos aqueles alumnos de 1º e 2º de Bacharelato interesados na viaxe a Andorra poden apuntarse cubrindo este formulario. Tendes de prazo ata este venres. Os detalles da viaxe podedes atopalos neste documento en *.pdf.
Actuación musical no CEIP Os Tilos
Enviado por Vicedirec. o 26 Maio, 2016 - 15:34Mañá venres 27 de maio o alumnado da materia de Música de 4° de ESO e 2° de Bacharelato realizará unha actuación musical no CEIP Os Tilos, no concello de Teo.
Saída ao río Ulla
Enviado por Vicedirec. o 20 Maio, 2016 - 12:07O martes 24 de maio o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitará distintas localizacións no río Ulla co fin de realizar un vídeo sobre a etioloxía do salmón e a relación co medio. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus+ da Unión Europea.
Estarán acompañados pol@s profesor@s Magaly Barreiro e Suso Iglesias.
Visita do alumnado de 1º de ESO ao Museo de Historia Natural da USC
Enviado por Vicedirec. o 18 Maio, 2016 - 09:39O vindeiro venres 20 de maio o alumnado de 1º de ESO visitará o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e fará un estudo de árbores no parque que rodea o museo. Estarán acompañados pol@s profesor@s Loly Castro, Mª José Parcero, Regina Puente e Ramón Aller.
Festival de Teatro Grecolatino
Enviado por Vicedirec. o 12 Abril, 2016 - 11:19O vindeiro mércores 13 de abril alumnado de Latín, Grego e Cultura Clásica de 3º e 4º de ESO e Bacharelato viaxará a Ourense ao Festival de Teatro Grecolatino no que asistirán ás seguintes representacións teatrais: Euménides de Esquilo e Gemelos de Plauto (Grupo Noite Bohemia, A Coruña). Estarán acompañados por Álvaro Pérez, Beatriz Mera, Miguel Bugallo e Teresa Filloy.
Visita a Sargadelos e á Escola de Arte Mestre Mateo
Enviado por Vicedirec. o 11 Abril, 2016 - 10:19Mañá martes 12 de abril alumnado de Educación Plástica de 4º de ESO e de 1º e 2º do Bacharelato de Artes visitarán a fábrica de Sargadelos en Sada e a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Estarán acompañados pol@s profesor@s Pilar Tabarés e Xoán Xosé Pérez.
Roteiro da Esmorga
Enviado por Vicedirec. o 29 Marzo, 2016 - 11:05O vindeiro xoves 31 de marzo alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e da materia de Literatura do Século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato realizarán o Roteiro da Esmorga no concello de Ourense e visitarán a Casa-museo Otero Pedrayo en Trasalba. Sairán do centro ás 9:00 e voltarán sobre as 20:00.
Saída didáctica ao parque eólico de Sotavento e ao MUNCYT
Enviado por Anónimo o 28 Marzo, 2016 - 12:30O vindeiro martes 29 de marzo o Departamento de Tecnoloxía organiza unha saída didáctica co alumnado de 2º de ESO. Pola mañá visitarase o Parque eólico didáctico-experimental de Sotavento (Xermade - Lugo) e pola tarde realizarán unha xincana guiada polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña).
Visita cultural a Madrid
Enviado por Vicedirec. o 18 Marzo, 2016 - 13:27Alumn@s de 4º de ESO do noso centro viaxarán do día 29 de marzo ao 2 de abril a Madrid. Visitarán o Museo del Prado, o Museo-Casa Sorolla, o Parque do Retiro e o Parque de Atraccións entre outras cousas. Ademáis coñecerán El Escoral e Segovia e asistirán a unha representación teatral.
Estarán acompañados polas profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Teresa Filloy.
Mural no CEIP Pérez Viondi
Enviado por Vicedirec. o 14 Marzo, 2016 - 13:35O pasado mércores 16 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes acudiu ao CEIP Pérez Viondi a complementar, coa técnica do estarcido, un mural que xa fora antes pintado polo colectivo cultural A Estación.
O deseño é de Natalia Liste, pero foi levado a cabo coa axuda de todo o alumnado do Bacharelato de Artes.
O traballo foi organizado polos Equipos de Normalización Lingüística dos dous centros educativos.
Máis información no blog e no Faro de Vigo.
Vídeo de Andorra 2016
Enviado por admin o 12 Febreiro, 2016 - 13:27Aquí tedes o vídeo da viaxe realizada á estación de esquí andorrana de GrandValira o pasado mes de xaneiro, polos alumnos de 1º e 2º de BAC.
Viaxe cultural á cidade de Porto
Enviado por Vicedirec. o 25 Xaneiro, 2016 - 10:47Alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato participará os vindeiros días 29 e 30 de xaneiro (venres e sábado) nunha viaxe á cidade de Porto organizada polo departamento de Música. Realizarán un curso de Creatividade Musical na Fundación Serralves e participarán nun Workshop na Casa da Música incluido dentro do programa "Músico por un día". Estarán acompañad@s polas profesoras María Varela, Beatriz Mera e Esther Sánchez.
Viaxe a Andorra
Enviado por Vicedirec. o 19 Xaneiro, 2016 - 12:36Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato viaxará a Andorra, á estación de esquí Soldeu-El Tarter, do día 23 ao 30 de xaneiro. Estarán acompañados polos profesores Álvaro Pérez, Juan Gago e Lourenzo Álvarez.
Boa viaxe!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »