Extraescolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

Alumn@s de Xeoloxía en Santiago

Bioloxía3_1.jpg

O pasado martes 4 de abril o noso alumnado de Xeoloxía de 2º de Bacharelato viaxou a Santiago, acompañado pola profesora Magaly Barreiro Ponte, para realizar dúas actividades: un paseo petrolóxico pola cidade e unha visita á Facultade de Bioloxía da USC. Nesta última, tiveron ocasión de coñecer a biblioteca e tres dos seus laboratorios: Xeoloxía e Edafoloxía, Bioloxía Funcional e Microbioloxía e Parasitoloxía, onde tiveron unha pequena toma de contacto coa investigación.

Dende a comunidade educativa do IES Manuel García Barros queremos agradecer a magnífica atención e acollida dispensada por Antonio Segura, decano da Facultade, e polas profesoras Teresa Taboada, Mª Isabel Santos e Eva Candal.

Viaxe de 4º de ESO a Milán

Milán.jpg

Trinta e nove alumn@s de 4º de ESO viaxaron o domingo pasado a Milán. Están acompañad@s pol@s profesor@s Chelo Vázquez, Mariano Casas e X. Xosé Pérez. Estarán de volta o vindeiro venres 21 de abril. Agardamos que o pasen moi ben e aprendan moitas cousas!

Viaxe cultural a París

Paris.jpg

Alumn@s de 2º e 3º de ESO viaxaron o pasado domingo a París acompañad@s pol@s profesor@s María Armada e Miguel Bugallo. Estarán de volta o vindeiro venres 7 de abril. Agardamos que aprendan moito e que o pasen moi ben!

Visita do alumnado de Tecnoloxía Industrial II a TELEVÉS

WhatsApp Image 2017-03-20 at 10.35.00.jpeg

O pasado venres 17 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa Tecnoloxía Industrial II realizou unha visita guiada ás instalacións da empresa de telecomunicacións TELEVÉS, situada en Santiago. Excepcionalmente puidemos realizar dita visita grazas á intermediación da profesora do centro María José Parcero Mariño, polo cal o Departamento de Tecnoloxía lle está profundamente agradecido.

A excepcionalidade e privilexio de dita visita está en que, dados os desenvolvementos innovadores e de moi alta tecnoloxía que levan a cabo en dita empresa, a súa política de visitas é, por razóns obvias, moi restrictiva.

Exemplos da tecnoloxía punta que puideron ver nesta visita os alumnos podédelo ver no seguinte vídeo corporativo da empresa:

Alumnado do MGB no "Unistem Day"

medicina-hoxe.jpg

O pasado venres 17 de marzo corenta e cinco alumn@s de Bacharelato da materia de Bioloxía participaron no "Unistem Day" (evento europeo sobre células nai) na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Estiveron acompañad@s polas profesoras Loly Castro, Magaly Barreiro e Mercedes Martínez.

Máis información nesta ligazón.

Viaxe cultural a Roma-Nápoles

Como xa anunciamos, do 24 de febreiro ao 2 de marzo trinta e seis alumn@s de 1º de Bacharelato viaxarán ás cidades de Roma e Nápoles. Neste arquivo as familias teñen toda a información sobre horarios e itinerarios.

Visita á catedral de Santiago

Cubertas.jpg

O pasado venres 10 de febreiro o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato viaxou a Santiago a visitar a catedral e as súas cubertas. Estiveron acompañad@s pola profesora Asunción Méndez.

Viaxe a Ourense

IMG-20170208-WA0001.jpg

O pasado martes 7 de febreiro cincuenta e un alumn@s de 4º de ESO e do Bacharelato de Artes viaxaron a Ourense a visitar a Escola de Arte Antonio Faílde e a exposición Pop Art Icons no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Estiveron acompañad@s pol@s profesor@s María Armada, Xoán Xosé Pérez e Mariano Casas.

Viaxe a Roma e Nápoles

Do 24 de febreiro ao 2 de marzo trinta e cinco alumn@s de 1º de Bacharelato viaxarán ás cidades de Roma e Nápoles nunha actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia. Estarán acompañad@s polas profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Teresa Filloy.
Tendes toda a información sobre esta viaxe no seguinte enlace.

Viaxe á neve

Andorra.jpg

Mañá sábado 21 de xaneiro quince alumn@s de 1º e 2º de Bacharelato viaxarán a Andorra para desfrutar duns días na neve practicando esquí e snow. Estarán acompañad@s polos profesores Juan Gago e Álvaro Pérez. A volta está prevista para o sábado 28 de xaneiro. Boa viaxe!

Visita á piscifactoría de Carballedo

unnamed.jpg

O pasado luns 9 de xaneiro alumnado de 1º de Bacharelato visitou a piscifactoría de Carballedo, no concello de Cotobade. Foi unha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus + da Unión Europea.

Estiveron acompañad@s polas profesoras Magaly Barreiro e Beatriz Mera.

Viaxe cultural á cidade de Porto

novo_museu_204375796350edaa988a528.jpg

Os vindeiros días 18 e 19 de novembro alumnado de 1º de Bacharelato viaxará á cidade de Porto (Portugal) para participar nunha actividade organizada polo departamento de Música. Visitarán o Musseu Serralves e participarán no taller creativo "Imaxinario de Sons" e no curso "Músico por un día" na Casa da Música. Estarán acompañad@s polas profesoras María Varela e Esther Sánchez.

Tartufo

tartufo.jpg

Hoxe martes 11 de outubro o alumnado de 3º PMAR, 1º de Bacharelato e de Literatura Galega do século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato viaxan a Santiago para asistir á representación do Tartufo de Molière do Centro Dramático Galego.

É unha actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e Castelá.

Inscrición viaxe á neve ANDORRA 2017

Todos aqueles alumnos de 1º e 2º de Bacharelato interesados na viaxe a Andorra poden apuntarse cubrindo este formulario. Tendes de prazo ata este venres. Os detalles da viaxe podedes atopalos neste documento en *.pdf.

Actuación musical no CEIP Os Tilos

Mañá venres 27 de maio o alumnado da materia de Música de 4° de ESO e 2° de Bacharelato realizará unha actuación musical no CEIP  Os Tilos, no concello de Teo.

Distribuir contido