Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, P.A.S., Historia, Equipo directivo, Horario, Servizos, Xefatura de Estudos, Oferta Educativa, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames, Convocatorias, Documentación

Proxecto E-DixGal - Curso 2021 2022

Na semana do 27 de setembro, procedemos a entrega dos equipos portátiles para o noso alumnado, en réxime de cesión para este curso 2021-2022.

Aconsellamos as familias que revisen toda a información que está "centralizada" no espazo Abalar :
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

...e mais aínda no recuncho "específico" para as familias:
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias
Están dispoñible uns vídeos explicativos, cortiños a modo de videotitoriais.

Adxuntamos o folleto informativo sobre o Proxecto E-DixGal --> Descarga/ver folleto sobre o Proxecto E-DixGal 

Adxuntamos o folleto informativo sobre as condicións do seguro --> Descarga/ver folleto sobre o Seguro do Portátil 

A maiores, este ano, hai unha novidade para contratar o seguro anual para os equipos cedidos...
A Empresa PLEXUS habilitou unha páxina Web para contratar o seguro e centralizar as avarías/incidencias con relación aos equipos.
Existe un correo electrónico para contactar e pedir información sobre cobertura e demais condicións legais...
Correo electrónico: coberturasir@plexus.es
Páxina Web: https://coberturasir.plexus.es/

Proxecto E-DixGal 2021-2022

Comezamos un novo curso escolar, e temos en marcha o Proxecto E-DixGal en 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO.

Dende o Equipo Directivo e o Grupo TIC, aportamos información sobre o proxecto dos Libros Dixitais. Pódese consultar en :

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal

Temos acceso a información importante para as familias, en canto a equipo que r

15 de setembro - Comeza o Curso Escolar 2021-2022

Comeza o curso escolar 2021-2022, aportamos a seguinte información do Acto de Presentación; para cada curso, grupo, horario e en canto ao acceso ao centro.

Matrícula setembro - Curso 2021-2022

Comeza o período extraordinario de matrícula na ESO e BACHARELATO para o curso 2021-2022

O período de matrícula extraordinario vai do 6 ao 10 de setembro.

Só para alumnado que tivera materias pendentes convocatoria de setembro.

Preme neste icono para iniciar o teu rexistro e a túa  matrícula 

 
 Matrícula 2021-2022

 

Por se tendes algunha dúbida durante o proceso podedes chamar aos teléfonos seguintes:

  886151941 ( Xefatura) - 886151942 (Xefatura) - 886151943 (Dirección)  - 886151947 (Administración)

Calendario setembro - Curso 2021-2022

Publicamos información relativa a actividades no noso centro propias de comezo do mes de setembro...

Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC - Ano 2021-2022

Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC [Ano 2021-2022], para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

O prazo comeza dende o 3 de Agosto ata o 30 de Setembro de 2021.

 

Para presentar a solicitude de xeito ON-LINE en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

Aviso: Xa se poden recoller os Vales para adquirir material escolar

 

Xa se poden recoller os Vales para a compra de Material Escolar na secretaría do noso centro.

O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 13:00. 

 

Equipo Directivo

IES Laxeiro

Calendario de exames de setembro 2021

Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2020-2021 no IES Laxeiro( Proximamente)

 Calendario de exames da ESO

 Calendario bacharelato e adultos

 

Distribuir contido