Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
CentroActividades para todo o centro O IES Laxeiro en TurquíaUnha delegación do IES Laxeiro participou nunha reunión transnacional de mobilidade e aprendizaxe na cidade turca de Tekirdag, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. O grupo, formado por cinco alumnos e alumnas de 3º de ESO acompañadas polos profesores Mar García e Xosé M. García, viaxou o pasado xoves día 11 esta cidade costeira a carón do mar de Mármara, a uns 120 km ao oeste de Istambul, uníndose ao resto de delegacións participantes, procedentes de Francia e Finlandia. Os nosos contos favoritos: GaravanciñoAs alumnas e alumnos de 5 anos de Educación Infantil achégannos unha soberbia interpretación do coñecido conto de Garavanciño, a cal levamos a reunión transnacional en Tekirdag para amosar aos participantes dos países socios. Os nosos contos favoritos: Sabeliña e a mouraOs rapaces e rapazas de 4 anos que achegan e ilustran fantásticamente a lenda de Sabeliña e a moura para os noso proxecto. Xornada Titoría Entre Iguais - TEIO derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, o xoves 21 de decembro, adicamos parte da xornada a fortalecer os lazos entre o alumnado participante no programa TEI por medio de xogos populares e tradicionais. Logo do proxecto Tunnel of TimeXa temos logo do proxecto Tunnel of Time. Os votos dos participantes españois, fineses, franceses e turcos resultaron na elección, de entre os tres seleccionados en cada país, do logo dunha estudante finesa como logotipo oficial do proxecto no que participa o IES Laxeiro. Este é o elixido:
» Anxo Moure e alumnas-os do Laxeiro no CEIP M. RiveroDías atrás as nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero aprenderon e divertíronse coas historias de O carballo con botas, contadas de primeira man polo seu autor Anxo Moure. Son historias que defenden os bosques de carballos, teixos, bidueiros... e tentan fomentar o coidado do noso hábitat natural, frecuentemente ameazado desde diversas frontes. Concurso de logotipos Tunnel of TimeO alumnado de 3º e 4º de ESO participou no deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do proxecto Tunnel of Time. Velaquí unha mostra do proceso e dos logos presentados. O xurado, composto por catro alumnos-as de bacharelato e tres profesores, elixiu como finalistas »
|
Novos números
|