Complementarias

Liga de fútbol sala nos recreos de IES Laxeiro

BASES E NORMAS DO TORNEO

  • Cada equipo estará formado por un máximo de 6 alumnos/as, os cales deberán figurar na ficha de inscrición e non poderán cambiar de equipo.

Noraboa aos nosos cadetes!

Temos a satisfacción e o orgullo de contar entre o noso alumnado con algúns dos novos subcampións de España de balonmán, na categoría de Cadetes. Un grupo de alumnos que entende o deporte de equipo como sacrificio, competitividade... pero sobre todo deportividade!

Cadetes do IES Laxeiro

Xornada clasificatoria Parlamento xove 2012

O equipo IES Laxeiro 1 foi o mellor clasificado na primeira xornada do Parlamento xove 2012,  ao gañar os tres debates e sumar 104 puntos. O equipo IES Laxeiro 2 acadou unha altísima puntuación  (83,50 puntos) pero non puido pasar á final ao ter só un debate gañado.

equipo 1 xove 2012

 

 

 

equipo 2 xove 2012

Programa de inmersión lingüística en Mohernando

Un grupo de 25 alumnos de 2º de ESO ven de participar no "Programa de Inmersión Lingüística Outono 2011" organizado pola Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional". A actividade desenvolveuse entre o 30 de outubro e o 5 de novembro na finca El Encinar, en Mohernando (Guadalajara), onde compartiron estancia e talleres co IES Sayena de Castell de Ferro (Granada). Alí desenvolveron talleres arredor dos seguintes temas: "A contorna natural e cultural", "A aldea global", "Enerxías renovábeis", "Desenvolvemento sostible", "Reducir, reusar, reciclar". Tanto nestas como nas actividades cotiás, veladas, etc. estaban acompañados e dirixidos por monitores procedentes de Bristol, Manchester, Ohio ou New York, sendo, en todo momento, a lingua inglesa a vehicular na comunicación.

A experiencia resultou altamente positiva para o alumnado, tanto no aspecto linguistico como social e vivencial.

No blog de Anglo Orbe, entidade organizadora, podedes ver fotos e o día a día.

 

O IES. Laxeiro seleccionado para o "Programa de Inmersión Lingüística outono 2011"

O IES.Laxeiro foi un dos doce centros de secundaria de Galicia seleccionado para participar no "Programa de Inmersión Lingüística Outono 2011" organizado pola Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional. Un grupo de 25 alumnos/as de 2º ESO participarán desde o 30 de outubro ata o 5 de novembro nun estadía no centro Anglo Orbe de Mohernando en Guadalajara xunto con outros centros seleccionados de toda a xeografía nacional. Unha gran oportunidade para desenvolver contidos transversais xunto co perfeccionamento da fala en lingua inglesa. No Blog adxunto refréxase o tipo de actividades e o ambiente no que se vai a desenvolver a citada actividade.

David Utrera , 2º no concurso "Mellor periodista xuvenil" de La Voz de Galicia

David Utrera, de 2º de bacharelato, acadou o 2º premio no VIII Concurso Escolar Mellor periodista Infantil e Xuvenil, convocado, dentro do Programa Prensa-Escola, por La Voz de Galicia, no que participou baixoa supervsión do profesor Manuel Igrexas.
O artigo co que conseguiu o premio leva por título Ergámonos e será publicado na edición de mañá mércores, 25 de maio, de La Voz de Galicia. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro 4 de xuño no parque de Acea de Ama en Culleredo (A Coruña) na festa fin de curso da 14ª edición de Voz Natura, curso 2010-2011.
Os nosos parabéns para David.

Liga de fútbol sala IES Laxeiro

Un ano máis, e xa van uns cantos, ven de rematar a Liga de fútbol sala 2010-11 do IES Laxeiro.Esta competición tivo unha primeira fase de liga a dobre volta para rematar nunha fase final polo sistema de play-off.Logo de disputadas xornadas, a fase de liga rematou encabezada polo equipo de bacharelato Montan a Hanna, seguidos por Cheas FS, do ciclo formativo de Electricidade. No terceiro e cuarto posto situaronse equipos da ESO: Black Stars e Pepsiconas FS. Completaron a clasificación Equipo A, Kukuxumuxo FS, Chuck Norris e CSMI II.A final enfrontou a  Montan a Hanna e Pepsiconas FS nun partido de alto nivel, gañando claramente os alumnos de 4º de ESO  (Pepsiconas FS) e que os proclama vencedores da Liga Laxeiro de fútbol Sala 2010-11.

Este é o cadro de horna da Liga Laxeiro 2010-11

 

 

Programa Semanas Brancas 2010 na estación de esquí de San Isidro

Alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Laxeiro participarán entre o 22 e o 26 de marzo na estación San Isidro (León), no programa Semanas Brancas. Os escolares conxugarán a práctica do esquí na estación situada na comarca do Alto Porma, no municipio de Puebla de Lillo, con actividades como a práctica de sendeirismo ou a visita á cidade de León.

Comeza a liga de fútbol sala do IES Laxeiro

O próximo xoves 22 de outubro comeza a temporada 2009-10 da liga de fútbol sala do IES Laxeiro. Os partidos disputaranse todos os xoves, no pavillón municpal, entre as 16 e 18 h. A relación de equipos participantes, normas e calendario expóñense no taboleiro de actividades do centro

Para coñecer as regras deste deste deporte, podes visitar a páxina da LNFS

Liga Fútbol Sala

O xoves 11 de xuño, no pavillón municipal de Lalín, xogouse a Final da Liga de Fútbol Sala 08/09 do IES Laxeiro. Os equipos que disputaron este partido foron "Entendes" e "Castigadores" cun resultado de 7-4 a favor de "Entendes". O equipo que acadou o 3º posto foi "Unión Penosa".  

Distribuir contido