Complementarias

Caderno do proxecto Tunnel of Time

No caderno do proxecto podemos ollar o resultado das tarefas realizadas polos estudantes dos catro países socios. A versión impresa do caderno está dispoñible nos centros escolares da comarca, biblioteca así como nas institucións colaboradoras.

booklet_cover

A vida escolar nos centros participantes no proxecto Tunnel of Time

Un filme que mostra a vida durante o curso nas escolas socias no proxecto Erasmus+ 2017-19 Tunnel of Time.

Montando a exposición final do proxecto no centro comercial Pontiñas

No remate do noso proxecto Erasmus+ Tunnel of Time montamos unha exposición cos traballos realizados no centro comercial Pontiñas. Moitas grazas pola colaboración!

expoToT

Charla de difusión da visita ao Jynkänlahden koulu (Kuopio, Finlandia)

O alumnado participante na cuarta actividade de ensino, aprendizaxe e formación do proxecto Tunnel of Time difunden a súa experiencia entre as e os compañeiras/os.

 

 difusion_Kuopio

Xornada de ráfting no IES Laxeiro

Na solleira mañanciña deste venres 31 de maio mozas e mozos de 1º de bacharelato, con algunha intrépida alumna de 4º de ESO, descenderon un tramo do río Ulla a bordo de tres balsas neumáticas, completando unha fantástica experiencia de ráfting. O Ulla, un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia, e grazas ás temperaturas destes días, convidaba a mollarse e así foi, non só polas salpicaduras se non tamén polos chapuzóns (algúns adrede e outros non tanto). O bo facer dos profesionais de Arrepions contribuiu ao éxito desta xornada de ráfting desenvolta na zona de Herbón.

Velaquí unhas instantáneas dos mellores momentos.

 grupo rafting 

 Para ver todas as fotos, clica aquí ou en calquera das dúas fotos anteriores e entra usando a túa conta de correo do IES Laxeiro (@ieslaxeiro.com).

Participación do IES Laxeiro no encontro internacional en Kuopio (Finlandia)

O IES Laxeiro participa, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, nun encontro internacional na cidade finesa de Kuopio xunto con delegacións do centro escolar Şehit Mehmet Şengül Ortaokulu, sito na cidade turca de Tekirdağ, do Collège Marthe Dupeyron, da vila francesa de Langogne e os seus correspondentes do Jynkänlahden koulu na cidade nórdica. Un total de 20 estudantes, 6 deles lalinenses de 4º de ESO, son acollidos por outras tantas familias de Kuopio, mergullándose deste xeito na vida local de modo completo e mesmo na escolar pois participan de boa parte das súas actividades, xa derradeiras ao remataren o curso escolar no mes de maio.



Na recta final do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time

A piques de marchar para Kuopio, onde terá lugar a derradeira xuntanza entre os socios, enfiamos o tramo final do proxecto Eramus+ bianal Tunnel of Time. Aquí deixamos unha sinopse do fixemos máis algo do que pasou no noso instituto nestes dous anos:

 

 

Deporte escolar: campionato de bádminton n'A Estrada

Este martes 14 de maio celebrouse n'A Estrada a fase zonal da modalidade de Bádminton, correspondente as competicións do programa Deporte Escolar, organizada pola Xunta de Galicia. Alumnado de Silleda, A Estrada, Moraña e Lalín participaron nas categorías infantil e cadete masculino e feminino. 22 alumnas e alumnos do IES Laxeiro acudiron acompañados polo profesorado de EF, gozando dunha xornada deportiva con moi bo ambiente, na que fixeron labores de arbitraxe e de competidores. Parabens a todos e todas polo voso esforzo e comportamento.

badminton 2019 A Estrada

Distribuir contido