Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Música

MÚSICA DE ENTRADA:

Neste caso, escoitaremos o 4º movemento da novena sinfonía do compositor checo Antonín Dvorak, tamén coñecida co sobrenome  mal traducido  “Sinfonía do Novo Mundo”, xa que debería ser “Sinfonía dende o Novo Mundo”. Compúxoa na etapa na que residiu en Norteamérica (1892-1894), dirixindo o conservatorio nacional de Nova York. Nesta obra, unifica toda a tradición  musical europea co folklore amerindio e negro norteamericanos, creando una obra chea  de colorido, forza e intensidade.

 

MÚSICA DE SAÍDA:

Para marchar de fin de semana, este venres o faremos a ritmo de “Relax”, tema do músico inglés, Mika. Trátase dun tema pop do 2006 que emprega una melodía da banda de rock Cutting Crew.

 

BOA FIN DE SEMANA

Música de entrada:

Hoxe, para empezar o día, escoitaremos a “Danza ritual del fuego” de Manuel de Falla. É unha música orixinal, envolvente, de gran beleza que pertence ao ballet “ El amor brujo” do citado compositor español.

Trátase dunha historia de feitizos e bruxería na que narran como Candela, unha moza xitana, vive o seu amor por Carmelo, atormentada polo espectro do seu antigo amante. Estreouse en Madrid en 1915. Tanto musical como literariamente ten un marcado carácter andaluz.

 

Música de saída

What a wonderful world, é unha canción jazz, que nace coa idea de ser un antídoto ao clima político e racial na década de 1960. Nela nárrase a beleza polas cousas simples de cada día e mantén unha visión optimista con esperanza no futuro. Escribíronna Bob Thiele e George David Weiss pensando en Louis Armstrong que lle  imprimiu ese especial atractivo.

Editouse por primeira vez en 1967, pero a súa difusión masiva tivo lugar en 1987, cando a incluíron na banda sonora da película Good Morning, Vietnam,  dirigida por Barry Levinson y protagonizada por Robin Williams.

 

Música para a tarde

Que mellor que John Travolta e Olivia Newton John na película musical  Grease para empezar a tarde do martes, cantando You’re the one that I want.

 

 

Música de entrada:

O ano pasado foi o 250 aniversario do nacemento do gran compositor alemán Ludwig Van Beethoven. En conmemoración a dita data, hoxe escoitaremos un breve fragmento, do 1º movemento da súa 5ª Sinfonía, tan coñecida por todos. Tamén é chamada a sinfonía do destino; contan que Beethoven  inspirouse para escribila na forma que tiñan de petar na porta na súa época, iso deu lugar a célula melódico rítmica que  caracteriza esta obra.

 

Música de salida:

Don’t stop me now, da banda de rock británica Queen será que nos leve ao final da xornada deste mércores. É una peza do álbum Jazz do ano 1978. O seu autor foi Freddy Mercury, a alma deste grupo.

Música de entrada:

La Cabalgata de las Valquirias, é un fragmento da ópera “La Valquiria”. O que escoitamos é o inicio do terceiro e último acto, onde nos describen ás guerreiras semidiosas.

Esta ópera, “La Valquiria”, é a segunda da Tetraloxía do “Anillo del Nibelungo”, do compositor alemán, Richard Wagner. Estreouse en Viena en 1870.

Esta peza é usada con frecuencia en películas, como, por exemplo, Apocalypse Now, de Francis Ford Coppola

 

Música se salida:

Para marcharnos, Michael Jackson  interprétanos música disco de los años 70, Don’t stop ‘til you get enough (Non pares ata que teñas suficiente). Michael Jackson escribiu e compuxo esta canción en 1978. A bailar!!

 

Música para la tarde:

Que mellor que John Travolta e Olivia Newton John na película musical  Grease para empezar a tarde do martes, cantando You’re the one that I want.

Empezamos o ano, e con él retomamos as músicas de entrada e saída ó instituto.  O alumnado guiado polo profesorado de música será quen leve a cabo esta tarefa.

Este luns 11 de Xaneiro de 2021 escoitaremos as seguintes audicións:

A música de entrada será a Marcha Radetzky, trátase dunha composción orquestral de Johann Strauss (pai) escrita en 1848. É costume que esta peza sexa a peza que pecha o Concerto de Ano Novo en Viena.

A música de saída será unha peza de folk metal La Costa do silencio, interpretada pola grupo  Mago de Oz

O Departamento  de  Música,  quere  ofrecervos  para  celebrar  o  Nadal  2020,  o  traballo  que  o alumnado  estivo  a  preparar  con  moito  esforzo,  espírito  colaborador  e  entusiasmo.

Agradecemos  a  dirección  do  I.E.S.  Isidro  Parga  Pondal,  a  todo  o  profesorado  e  persoal  non docente,  todas  as  facilidades  para  levalo  a  cabo. Queremos  facer  unha  mención  especial,    ao  equipo  de  alumnos/as  encargados  da  montaxe  e deseño  gráfico  deste  vídeo,  pola  súa  dedicación  e  profesionalidade.

Este  ano,    o  final  da  gravación    contén    sorpresa.

Bo  nadal!!!

 

Se dunha cousa podemos estar orgullosos no noso centro é dos proxectos tan chulos e elaborados que de cando en vez van sacando os diferentes departamentos e que nos permiten levar o nome do Isidro Parga Pondal por toda a xeografía galega.

Con motivo da festa de Samaín (que non Halloween), o departamento de música en colaboración con varios departamentos do centro e con alumnado de diferentes etapas educativas, realizou unha montaxe musical para celebrar a devandita festa, debido a que este ano, por culpa da pandemia, era imposible realizar unha actuación musical como viñan facendo outros anos. Pero o resultado final, foi, sen ningunha dúbida un gran éxito.

E precisamente, debido ao estupendo traballo que realiza este departamento co alumnado, La Voz de Galicia, no seu programa de PRENSA-ESCOLA dedicoulles un artigo do que vos queremos facer partícipe… porque toda publicidade é sempre ben recibida, pero máis se cabe cando hai un gran e duro traballo detrás que moitas veces non se ve recoñecido e/ou recompensado.

Así que, grazas a todos os que axudades para conseguir que estes pequenos proxectos saian adiante e conseguir que o alumnado non se limite a quedar sentado na cadeira, senón que participe, goce e en definitiva, énchanse de vivencias e recordos que non esquecerán facilmente.

Podedes consultar o ártigo pinchando na seguinte ligazón: ler artigo

O departamento de Música, en colaboración coa Biblioteca, o departamento de Galego, Informática e Lingua Castelá, queremos ofrecervos una pequena homenaxe que fixemos o Samaín, unha das tradicións propias da nosa terra.

Para elo, o alumnado de música de 1º e 2º de Bacharelato, 4º ESO C e D, e 3º ESO B prepararon una velada musical moi especial. Puxeron moita ilusión, esforzo e traballo.

E por suposto, queremos agradecer á dirección do centro, a todo o profesorado e ao persoal non docente por facilitarnos a realización deste proxecto.

Esperamos que o gocedes.

Feliz Samaín!!!