Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Bioloxía e Xeoloxía

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración coa Biblioteca convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para o alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía. O tema das fotografías será ECOSISTEMAS DA CONTORNA. Con esta actividade preténdese concienciar ao alumnado da importancia que ten o medio ambiente.

cartel concurso

A perda de ecositemas está privando ao mundo de sumidoiros de carbón, como os bosques e as turbeiras. As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso dun cambio climático catastrófico.

A perda de ecosistemas implica que se reduza o hábitat natural para os animais, creándose así as condicións idóneas para que os patóxenos, incluidos os coronavirus, se propaguen

bases concurso

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía publica a programación didáctica para o presente curso académico.

A programación é o instrumento de planificación curricular necesario para o desenvolvemento do proceso de ensinanza e aprendizaxe. No punto catro deste documento accederán directamente a información da materia ou materias que desexen consultar.

Ao inicio do curso o profesorado encargado de impartir as diferentes materias informou ao seu alumnado da planificación das mesmas.

Nesta páxina web publicaremos a información que o departamento considere de interese tanto para o alumnado coma para as súas familias ou titores legais.