Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Ábrese o prazo para solicitar a realización de prácticas no estranxeiro dentro do programa Erasmus+ no IES Isidro Parga Pondal. As condicións para solicitar as mesmas son estar en disposición de rematar os módulos conducintes á realización das prácticas de FCT en marzo de 2017 ou ter rematados os estudos do ciclo non antes de xuño de 2016.

Os alumnos interesados en realizar as prácticas deberán encher o seguinte formulario

O prazo de solicitudes abranguerá do 9 ao 30 de novembro de 2016. O número de prazas inicialmente ofertadas é de 3.