Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Publicada a Orde do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311D).

Poderá optar ao premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna os seguintes requisitos:

  1. Ter cursado durante o ano académico 2020/21 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 120, do 29 de xuño).

O prazo de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2021 e rematará o día 6 de xullo de 2021.