Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

O reloxo musical vienés

Zoltán Kodály

Z. Kodály é un destacado músico e compositor húngaro que destaca por un estilo que na súa primeira fase era post-romántico e vienés, propio do momento no que vive, pero que logo eoluciona e  mestura o folklore con armonías propias do s. XX. Outras das facetas que o caracteriza é que se converteu nun dos grandes pedagogos musicais do s.XX.

 O reloxo musical vienés é un dos temas incluídos dentro da obra titulada “A suite Háry Janós”. Este nome pertence a unha personaxe real que serviu ao exército imperial de Austria cerca de 1800, e, a través de el, créase unha lenda das súas “fazañas heroicas”. No fragmento que escoitaremos descríbese ao protagonista Hay Janos vendo a uns soldadiños marcar ás horas do reloxo.

 

MÚSICA CLÁSICA

Polonesa en Si bemol

Franz Schubert

Imos escoitar ao compositor austríaco do Romanticismo musical, F.Schubert. A polonesa é unha forma musical consistente nun movemento de marcha moderada e ritmo ternario. É a danza nacional de Polonia. Naceu coma un baile, é dicir, coma a escusa dos nobres para mostrar os seus suntuosos fogares os seus achegados e a plebe. Nesta audición escoitaremos a toda orquestra sinfónica xunto cun violín solista.

MUSICAL

Good Morning

Singin’ in the rain

Nacio Herb Brown

Hoxe dámosvos os bos días co famoso musical estadounidense Singin’ in the rain (1959). A canción Good Morning está escrita orixinalmente para a película Babes in Arms (1939)

 

 

 

 

S

A

Í

D

A

 

 

 

MÚSICA ROCK

I love Rock N’Roll

Joan Jett

É unha canción rock escrita en 1975 por Alan Merrill e Jake Hooker para a banda The Arrows. A canción non tivo éxito nas listas, a consecuencia da falta de promoción por parte da discográfica da banda. Interpretada por Joan Jettt, cantante , compositora, guitarristae produtora estadounidense, conseguiu un gran éxito en 1982, entrando na lista das Top 100 cancións do século XX.

MÚSICA SOUL

Black to black

Amy Winehouse

Black to black é o segundo e último albume de estudio da cantante británica Amy Winehouse. O seu lanzamento principal realizouse en 2006, recibindo críticas positivas por parte dos críticos de música, gañándose a louvanza polas súas influencias clásicas de soul. Recibiu cinco premios na 50ª cerimonia dos premios Grammy. A finais de 2011, Black to black anunciouse como albume máis vendido no Reino Unido no século XXI.

 

MÚISCA POP

Believe

Imagine Dragons

Trátase dunha canción escrita e gravada pola banda estadounidense de rock-pop, Imagine Dragons. Lanzouse en 2017 como o sencilo principal do seu terceiro albume de estudio Evolve. Empregouse tamén en anuncios e campañas publicitarias, no capítulo final da serie Riverdale, no documental Finn Bálor....

 

 

 

 

 T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Carros de fuego

Vangelis

Carros de fuego é unha película británica de 1981, dirixida por Hugh Hudson, baseada na historia real dos atletas británicos preparándose para competir nos Xogos Olímpicos de París en 1924. O seu compositor é o teclista e compositor grego Vangelis, gañador dun Oscar a mellor banda sonora en 1981, polo tema que imos escoitar a continuación.