Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Xogo de nenos, Galop: Le bal

G. Bizet

É unha suite de doce miniaturas, escritas polo compositor romántico francés, George Bizet, para piano a catro mans, en 1871. O ano na que a compuxo, Bizet, soubo que en poucos meses ía ser pai, e a noticia recordoulle os xogos da súa infancia. Destes doce movementos orquestrou cinco, entre eles “A pelota”, que imos escoitar a continuación.

MÚSICA CLÁSICA

Marcha para una marioneta

Charles Gounod

Trátase dunha peza musical corta do compositor romántico francés Charles Gounod. Inicialmente escribiuna para piano solo en 1872, mais en 1879 orquestrouna.

É unha das súas pezas menores que alcanzou gran popularidade a raíz de ser empregada polo cineasta británico Alfred Hitchcock como cabeceira na serie da cadea CBS, “Alfred Hitchcock presenta”(1955-1964), e máis tarde en “A hora de Alfred Hitchcock”(1964-1965).

Hitchcock afirmaba que con esta peza sonorizárase a obra “Amencer” de F.W.Murnau, película de 1927 que conseguiu tres Oscars.

 

MÚSICA CLÁSICA

Sinfonía nº 94 “Sorpresa” 2º movemento

Joseph Haydn

Esta sinfonía denominada “A sorpresa” compúxoa, o redor de 1971, Joseph Haydn, gran compositor do clasicismo, considerado o pai desta forma musical.

Dita peza, consta de catro movementos, dos cales nós escoitaremos o 2º movemento. Esta obra debe o seu nome, e gran parte da súa fama, ao citado movemento, un maxistral tema con variacións, debido a que no mesmo, tras un comezo piano, escóitase un súbito acorde fortísimo

MÚSICA CLÁSICA

Voces de Primavera

Johann Strauss (fillo)

Esta obra é do compositor austríaco do Romanticismo, coñecido polos seus valses, Johann Strauss (fillo) Esta peza trátase, como non, dun vals, pensado inicialmente para solista con acompañamento de coro, para ser interpretado pola soprano Bertha Schwarznun concerto benéfico.

Esta composición, Voces de Primavera,  empregouse amplamente ao longo da historia como acompañamento de diversos espectáculos audiovisuais, como por exemplo, na curtametraxe “Os tres chiflados”. Tamén forma parte de bandas sonoras como “Carros de Fuego” ou “A gran ilusión”; e, en 1976, Brian May utilizou a melodía do vals para compoñer The Millionaire Waltz, como parte do albume  “A day at the Races” de Queen.

MÚSICA CLÁSICA

Tahiti Trot, op. 16

Dmitri Shostakovich

O que imos escoitar é unha orquestración que realiza en 1927,  Dmitri Shostakovich, compositor e pianista soviético, un dos músicos máis importantes do século XX.

Esta orquestración parte da obra

“Té para dous”, do musical  “No, no, Nanette” de Vincent Youmans.

Compúxose como resposta a un reto do director de orquestra Nikolái Malkó a Shostakovich: ambos escoitaron a canción dunha gravación na casa de Malkó, este, apostoulle 100 rublos ao compositor a que era capaz de realizar un arranxo da peza de memoria en menos dunha hora. Shostakovich aceptou e ganou, completando a orquestración o redor de 45 minutos.

Esta peza, Tahiti Trot,  estreouse en 1928, e dende entón  foi unha propina popular.

 

 

 

S

A

Í

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Perfida

Tanxugueiras

Está escrita polo grupo galego Tanxungueiras, grupo o cal leva arredor de 5 anos no mundo da música folk galega.

Comezaron a escribir esta canción ao longo do ano 2018, pero non foi ata o ano 2019 cando a lanzaron como single do seu albúm Contrapunto.

Foi un éxito en toda Galiza e en parte de España pola súa acustica e coro composto por Olaia Maneiro, Aida Tarrio e Sabela Maneiro

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Believe

Cher

Believe é unha canción da artista estadounidense Cher. Lanzouse en 1998 como primeiro sencillo do seu vixésimo terceiro albume Believe. Compuxérona Brian Higgins, Paul Barry, Stuart McLennen, Steven Torch, Matthew Gray e Timothy Powell. Produciuna Mark Taylos e Brian Rawling.

Converteuse na peza de maior triunfo en toda a carreira da cantante.

MÚSICA ROCK

Acabo de llegar

Fito y fitipaldi

Fito y fitipaldi é un grupo musical español de rock and roll creado en 1998 por Fito Cabrales, de Platero y Tú. Inicialmente, xurdiu coma un proxecto paralelo que Fito decidiu continuar tras a disolución da súa anterior banda. En 2007 esta agrupación, recibe o Disco de Diamante por vender máis dun millón de discos; ata outubro de 2014 as súas ventas superaron o 1,6 millóns de discos vendidos.

 

 

MÚSICA RHYTHM AND BLUES

Halo” 

Beyoncé

“Halo” é unha canción interpretada pola artista de Rhythm and Blues contemporáneo Beyoncé. Pertence ao seu terceiro albume de estudio “I Am....Sasha Fierce”. Escribírona Ryan Tedder e Evan “Kidd” Bogart. Columbia Records publicouna na radio estadounidense en 2009. Esta canción ten un tempo moderado, está no tonalidade de La Maior e mediante a letra, a protagonista describe un amor sublime.

Con esta melodía, Beyoncé, recibiu varios premios.

MÚISCA POP

CIRCLES

(Post Malone)

A canción escribírona Post Malone, Adam Feeney, Billy Walsh, Kaan Gunesberk e Louis Bell. Ademais de ser producida por Louis Bell e Post Malone.

A canción enseguida resultou todo un éxito, conseguindo entrar no Top 10 no número 4 do Billboard Hot 100 sendo a mellor posición que a canción obtivo ata a data,  sendo o debut máis alto de Post Malone en toda a súa carreira.

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

AMÉLIE

Amélie é a banda sonora da película francesa de 2001, Amélie, composta por Yann Tiersen, conocido músico e compositor francés do panorama musical actual. É autor doutas bandas sonoras como Good Bye, Lenin! e Tabarly. Amélie é unha película ambientada en París, Francia, sobre unha rapaza  que trata de axudar e mellorar a vida dos que a    rodean.

 

BSO PELÍCULAS

AMÉLIE

Amélie é a banda sonora da película francesa de 2001, Amélie, composta por Yann Tiersen, conocido músico e compositor francés do panorama musical actual. É autor doutas bandas sonoras como Good Bye, Lenin! e Tabarly. Amélie é unha película ambientada en París, Francia, sobre unha rapaza  que trata de axudar e mellorar a vida dos que a    rodean.