Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

A Voda de Luis Alonso

Gerónimo Giménez

A Voda de Luis Alonso é un sainete lírico  nun acto, dividido en tres cadros, en verso, con música de Gerónimo Giménez,  compositor e director de orquestra español,  e libreto de Javier de Burgos. Estreouse no  Teatro de la Zarzuela de Madrid, o 27 de xaneiro de 1897. A acción desta peza  ten lugar en Cádiz, onde está a punto de celebrarse a voda do mestre do baile máis famoso da cidade, Luis Alonso, que casa cunha muller moito máis nova ca el.

MÚSICA CLÁSICA

Concerto óboe nº 8, 3º mov

Tomaso Giovanni Albinoni

G.Albinoni é un compositor italiano do Barroco. Na súa época foi célebre como compositor de ópera, pero actualmente é coñecido sobre todo pola súa música instrumental. Escoitamos o 3º movemento do seu concerto para óboe nº 8, op.9. Os seus concertos para óboe estaban dedicados ao Príncipe elector Maximiliano II Manuel de Baviera.

 

MÚSICA CLÁSICA

O amor bruxo

Manuel de Falla 

O amor bruxo é un ballet  de Manuel de Falla; quizais sexa a súa obra máis coñecida. Foi bastante criticada o día de estreo, ​ que tivo lugar o 15 de marzo de 1915 no Teatro Lara en Madrid, polo que se viu obrigado a realizar algúns cambios.  versión posterior é considerada unha das obras máis importantes da música clásica española.

MÚSICA CLÁSICA

Concerto Grosso 2º mov. nº 4

Arcangello Corelli

A. Corelli foi un violinista e compositor italiano do Barroco. A peza que imos escoitar atópase dentro dos seus Doce concertos grossos, op.6, publicados en 1714. O número 4 é o segundo máis salientable dos doce, despois do nº 8, o famoso Concerto de Nadal. O concerto nº 4 caracterízase polo seu son cargado de alegría, converténdoo nun exemplo de uso frecuente cando se demostra o renomeado estilo cantabile (tocar instrumentos imitando a voz  humana) de Corelli

MÚSICA CLÁSICA

Ópera Carmen:

A guarda montada

G.Bizet

G.Bizet foi un compositor francés principalmente de óperas, durante o Romanticismo.  Carmen é unha ópera dramática en catro actos, ambientada en Sevilla ó redor de 1820, protagonizada por unha bela xitana de forte temperamento. Esta ópera converteuse nunha das obras máis populares e interpretadas de todo o repertorio operístico.

 

 

 

S

A

Í

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Os animais

Luar na lubre.

Luar na Lubre é un grupo de música folk, nacido en 1986 na cidade de A Coruña. Considérase unha das formacións máis importantes de folk en Galicia, con un amplo historial tras de si. A súa fama traspasou fronteiras dende que o prestixioso músico británico de ascendencia irlandesa, Mike Oldfield, interesárase  pola súa música. A partir de aí, un rosario de premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro, conforman unha larga historia musical. Hoxe imos escoitar unha animada peza, mostra da música celta típica no seu repertorio: Os animais

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Maniac

Michael Sembello

Maniac é unha canción do ano 1983 do cantante Michael Sembello, publicada como primeiro sencillo do seu álbum Bossa Nova Hotel e utilizada na película Flashdance. A proposta do produtor Phil Ramone reescribiuse para describir a unha rapaza apaixonada polo baile, quedando así coa versión coñecida.

MÚSICA ROCK

Boulevard of the broken dreams

Green Day

Boulevard of the broken dreams é o cuarto sencillo do álbum American Idiot, da banda punk rock estadounidense Green Day e co que máis triunfos atesourou a  banda. A canción foi escrita polo cantante e guitarrista Billie Joe Armstrong.  Alcanzou o posto número 2 nos Estados Unidos e foi nomeada «Grabación do ano» na entrega dos premios Grammy en 2006. Ademais, ocupa o número #65 nas 100 mellores canción da Década pola revista Rolling Stone

MÚSICA SWING JAZZ

En forma

Glenn Miller

Glenn Miller foi un músico estadounidense de big band (orquestra de jazz), trombonista, arranxador e director da orquestra, chamada The Glenn Miller Orchestra, coa que fixo innumerables éxitos. Foi o maior vendedor de discos de 1939 a 1942, ademais dun dos directores de banda máis coñecidos.

MÚSICA POP

Treat you better

Shawn Mendes

Treat you better é unha canción pop grabada polo cantante e compositor Shawn Mendes. Foi lanzado o 3 de xuño de 2016 a través de Island Records como o sencillo principal do seu segundo álbum de estudo, Illuminate. O vídeo musical foi lanzado o 12 de xullo de 2016 e conta una historia sobre unha relación abusiva. A canción chegou ao sexto posto no Billboard Hot 100 de Estados Unidos, converténdose no segundo top 10 de Mendes.

 

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Misión imposible

Danny Elfmann

Misión imposible é unha película estadounidense esteada en 1996. Trátase da 1ª entrega da serie cinematográfica Misión Imposible. A banda sonora fíxoa Danny Elfman, compositor, músico, cantautor e produtor discográfico estadounidense, que xunto ao director Tim Burton, crearon un binomio artístico perfecto. O tema principal desta banda sonora é do pianista Lalo Schifrin

 

BSO PELÍCULAS

Misión imposible

Danny Elfmann

Misión imposible é unha película estadounidense esteada en 1996. Trátase da 1ª entrega da serie cinematográfica Misión Imposible. A banda sonora fíxoa Danny Elfman, compositor, músico, cantautor e produtor discográfico estadounidense, que xunto ao director Tim Burton, crearon un binomio artístico perfecto. O tema principal desta banda sonora é do pianista Lalo Schifrin.