Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O pasado xoves, 15 de abril, estivo connosco Vicente Feijoo, técnico da RAG que nos veu a falar sobre a Microtoponimia e a app "Galicia Nomeada". O alumnado de 1º BAC e 4º de ESO, que tiveran cursado Economía, descubriron este rico patrimonio cultural.
A microtoponimia forma parte do noso acerbo como país. Esta disciplina tenta recuperar os nomes dos lugares, das fontes, das pedras, das leiras, coma foron coñecidas e nomeadas polos nosos antergos e que estan a esmorecer. Dende o mundo da Economía e a Responsabilidade Social Corporativa das Empresas é un campo novo a traballar e manter, como motivo de diferenciación e vantaxe comparativa.
Sorprendeunos, Vicente, coa nova App que leva funcionando un ano e que xa leva recollidos máis de 30.000  microtopónimos e que ten como meta albergar máis de 3.000.000 de nomes. Destacou as posibilidades da xeolocalización, gravacións de sons, toma de instantáneas e subidas de vídeos en tempo real, que ofrece a aplicación.
A charla foi apaixonante e moi emotiva.